Pleno transparente

E non o decimos porque os temas a debatir se tratasen con claridade, senón porque os baioneses nunca o poder ver, xa que non se anuncia nin se explicarn de antemán os puntos que se tratarán. Novamente teremos que traballar cos Conscientes Baioneses e as migallas que solte a prensa para esclarecer o que alí sucedeu. Dentro de dous meses, iso sí, teremos a información íntegra na súa correspondiente acta.

Para a prensa o máis importante foi un irmanamento. Sinceiramente, a única utilidade que lle vemos a esta sorte de diplomática-folklórica costume é a de xustificar o salario dun cargo de “confianza” (será de confianza para Manolo Vilar porque para o resto de Baiona…) ao que raramente poderemos verlle traballar no asunto para o que supostamente está contratado. Salvo, claro, que na oficina de urbanismo se traten tamén os intrincados procedementos que levan ao éxito nun irmanamento.

Logo voltuose a falar da dose habitual de “ladrillo e cemento” que todo Pleno Municipal debe ter. Neste caso hai que enfadir á mezcla un pouco de piche para que a obra quede o suficientemente ben como para que os políticos de turno veñan a Baiona a sacar a foto e cortar a cinta. Seica que a obra é un novo acceso á Autoestrada desde Baiña. Pois ben se lles puido ocurrir cando se plantexou a actuación de Política Territorial na saida de Sabarís.

Pero non podemos deixar de comentar o que a nosa Baionesa máis Consciente apunta, nun fragrante caso de off topic en toda regra, na anotación de onte. O BNG xutificou a súa abstención no punto do irmanamento argumentando a crise como razón para pospoñer actos totalmente prescindibles. Pode ser un argumento moi populista e mesmo pode considerarse unha hábil pirueta para evitar o consenso, o que non procede é a risa como resposta. O noso Alcalde debe estar por riba das peleas dos barrios baixos, non debería presentarse cunha imaxe prepotente e seca, evitando o diálogo e chuleándose de ser o Rei. Unha resposta sosegada plantexando argumentos que desmontaran os do BNG nos tería gustado máis e mesmo recibiría halagos de propios i extraños.

Lamentablemente cando se exerce o poder téndese a caer na complacencia e pénsase que a recua de aplaudidores que o rodean a ún son unha mostra significativa do sentir do pobo. Señor Almuiña, moita xente pensaba en vostede como o político centrado e centrista que lograría un avance na política baionesa. Lamentablemente está a decepcionar día a día.

Anxo Quintana subíuse á ola da moda Obama e reclama un Obama para Galicia (mañá dirá que é el, xa o dixo na campaña das Xerais pasadas), ¿para cando un Obama baionés?

24 Comentarios

  1. maria dijo

    7 de Novembro del 2008 a las 21:19

    cale arazon de tantos hemanamientos quen mo pode explicar por favor ..que ventaxas ten baiona con isto ….isto e o mais urxente que teñen que facer os nosos representantes …e pa que sirve a os ciudadanos de baiona …o e principalmente….pa os que teñen mais en baiona …un saudo

  2. AIXIÑA dijo

    7 de Novembro del 2008 a las 22:00

    Pleno transparente ?

    E porque OS DEAMAIS PARTIDOS tampouco nos informan ?

    E muito traballo ?

    Canto se tarda en facer un resumen da acta ?

    Non se pode por na paxina do BNG o do PSOE o en BC ?

  3. baionaconsciente dijo

    7 de Novembro del 2008 a las 22:14

    AIXIÑA, non nos metas no paquete. Si alguén quere mandar resumos dos plenos, encantados de publicalos. Agora sí, BC NON é un medio de comunicación, é un medio de expresión.

    Xa que logo, non mandaremos corresponsais aos plenos e seguiremos fieles a aos nosos principios: http://baionaconsciente.blogaliza.org/sobre

  4. Diego dijo

    7 de Novembro del 2008 a las 22:45

    Con relación a la publicación de las convocatorias de los plenos en la web del Concello, recordar que el Psoe ya lo había solicitado hace unos meses y en este último pleno se volvió a solicitar. La web del Concello es su lugar.

    Por otra parte, el acceso de Baíña aparece en el PXOM. Y ahí está lo grave del asunto como ya comenté en otro post. El equipo de gobierno aprobó una alegación al Plan de Estradas en virtud de un tal “PXOM” que como bien dijo Rafa Lores en el Ayuntamiento todavía no se conoce.

    God bless you and God bless America!!!!!

  5. AIXIÑA dijo

    7 de Novembro del 2008 a las 23:51

    A min pareceme que non fai falta facer paquetes,o que hay e que traballar.

  6. barrabí dijo

    8 de Novembro del 2008 a las 5:41

    Mellor non falar de paquetes, que non é o asunto deste blog, pero duas cousas ao respecto dos plenos, por un lado, ainda que non sexa a obriga do concello de publicala na web, o fai, tarde, mal e a rastras, pero o acaban facendo, xa que nesto influen varios factores, pero se fai, para ben de todolos baioneses, e por outra banda, unha vez publicados, poden ser tamén consultados na web do PSdeG PSOE, e cumpre leelos, unha lectura bastante amena para os que non podemos pasarnos unha mañá por alí, e non nos vale a excusa de que “non se anuncia”, que todos sabemos que normalmente se fai a primeiros de mes, tamén é bo pasarse polo concello e preguntalo, ou contactar con calqueira concelleiro, que eles normalmente saben desas cousas. Non fagamos coma os periodistas, que están a espera de que se lles avise, tamén é cousa nosa movernos por Baiona.

    Un saudo, a altas horas da madrugada.

  7. s dijo

    8 de Novembro del 2008 a las 10:32

    d

  8. maria dijo

    8 de Novembro del 2008 a las 10:38

    hola barrabi ainda como dices tu que non se obligacion eu creo que por etica e respeto hacia os ciudadanos podrian facelo mais rapido almenos pra quen non poida ir aos plenos tamen un saudo

  9. Marcote dijo

    8 de Novembro del 2008 a las 12:41

    Que nadie esqueza que as actas se pulican na web do concello a proposta do BNG, que logo hai moi mala memoria.

    E non esquenzamos tampouco que é o único partido que apostou en firme por mudar o horario dos mesmos.

  10. barrabí dijo

    8 de Novembro del 2008 a las 18:20

    Non creo que sexa cuestión de colgarse medallas, o feito é que o Concello as colga, e que non fai un resumo, colga a acta tal cual do que alí acontece, é traballo do funcionariado do Concello, e non se fai en dous días. E aparte de colgalas na web, cólganse no taboleiro da Casa Consistorial.

    Aparte desto, estou a pensar que as mentes do Goberno baionés deben estar xa a plantexarse un novo hermanamento, quizáis tirando para Tailandia, ou as Seichelles, seguro que hai algún motivo de Peso, non se, aló pode haber calqueira pobo no que coincida que ambos concellos teñan o mesno número de letras, ou as mesmas vogais, ou quizais algún mariñeiro baionés a principios do século XV chegou ata alí, sería bo atopar un bo motivo para algo que pode ser tan trascendental para Baiona. Sen cousas destas, Baiona non avanzaría.

  11. maria dijo

    8 de Novembro del 2008 a las 19:55

    como non lle contestaron a xose enrique tamen o pregunto eu canto lle consta a baiona o hermanamiento e se non entendin mal son 5 que levamos xa un saudo

  12. AIXIÑA dijo

    9 de Novembro del 2008 a las 11:00

    Si os demais partidos entenden que e o chollo de facer a acta e do concello e ademais pode facelo cando lle sale de dentro , de que nos queixamos ?.
    Penso que Baiona non ten solucion.
    Mentras non cambien as actitudes dos que se dedican a politica en Baiona non teremos forma de darlle outro aire.
    Non facemos mais que criticar o que fan o non fan os demais (EN BAIONA ISTO NON E NOVO)

    E NOS QUE FACEMOS ?

    SOMOS UNS PAQUETES

  13. maria dijo

    9 de Novembro del 2008 a las 11:29

    aixiña HOLA o escribir as nosas inquietudes e quenos dean esta posibilidad creo eu que e xa un graniño de area un saudo

  14. maria dijo

    9 de Novembro del 2008 a las 11:52

    aixiña tamente podo decir que moi dificil facer moito mais reclamacions ..non tas contestan ..se falas non te escoitan ,,,se falas despois mirante mal …se dices a verdade chamante mentirosa …e vale mais unha mentira de eles que unha verdade dun ciudadano …e ai un largo etc por iso teño escrito ..que en baiona non funciona nada das administracions publicas nen teñen cordinacion entre elas nen nada …en todas administracions de baiona eu vexo asi podome equevocar pero polo que teño oido e visto vai aser que si no concello de baiona estan pra defenderse entre eles non aos cidadans e aimcompetencia esta a orden do dia … orespeto … a etica …. cordinacion… osaber estar ….trasparencia …e asta me atrvo a decir que moitos de eles non teñen …puñetera …idea de cales son as suas funcions por iso dame moita pena que si non velan pola seguridade dos nenos e non se preocupan dos mais xovenes que nos que da aos restantes un saudo eche o que ai

  15. maria dijo

    9 de Novembro del 2008 a las 23:27

    alala cando en baiona non ai gestion ..nen preocupacion de ningunha clase ..cando un governo non save os problemas dos veciños nen as necesidades sempre ten pouco en que escudarse e aunica cousa que fan e botarlle as culpas a os demais ..cando a culpa e do seu mal governo ..da sua mala gestion ..e da incompetencia por iso ten que desbiar ..onon saver polo que fiso e ..oque non saven facer un saudo

  16. baionaconsciente dijo

    10 de Novembro del 2008 a las 17:51

  17. Alalá dijo

    10 de Novembro del 2008 a las 19:17

    Pois sí, non me coincidiu posiblemente ver a prensa ese día, pero a sús lectura me fai reafirmarme no comentario de onte, grazas polo aviso.

    Un saudo

  18. xocas dijo

    10 de Novembro del 2008 a las 23:33

    diego porsi fora pouco escribir en castelan,tamen o fas en injles, asi nos vai.

  19. baionaconsciente dijo

    11 de Novembro del 2008 a las 9:58

    ¿Qué malo terá saber idiomas? A frase de Diego está moi ben traida, por cierto.

    Non sexamos talibanes, o uso de determinado idioma non identifica a nadie con nada. ¿Ou si?, como diría Rajoy.

  20. Diego dijo

    11 de Novembro del 2008 a las 10:12

    Xocas,

    As linguas son ferramentas de comunicación, non outra cousa. E cada un emprega as que coñece dacordo co que considera mellor en cada caso para comunicarse cos demáis e así o fago eu.

    Un exemplo do anterior é este blog no que considero que me entenderá moita máis xente (por suposto, podo estar errado); outro exemplo o temos na páxina web do PSOE e o seu blog que ¡Oh Divina Providencia! mentres estiven eu na executiva soamente contiñan novas en galego agás das nacionais (obviamente).

    E en canto ó inglés, viume a mente a pirámide de necesidades de Maslow (http://es.wikipedia.org/wiki/Pir%C3%A1mide_de_Maslow). En ocasións axuda a cubrir as necesidades fisiolóxicas e cando menos non morrer de fame.

    Saúdos,

  21. baionaconsciente dijo

    11 de Novembro del 2008 a las 20:26

    Benvido ao clube de adoradores da Pirámide de Maslow, Diego. Algún día impedirá por lei que nadie chegue ao cumio sin que todos teñamos superado cando menos o primeiro peldaño.

  22. Diego dijo

    12 de Novembro del 2008 a las 10:52

    BC,

    poden ficar esperanzados os adoradores de Maslow xa que as súas demandas serán tidas en conta na próxima “refundación” do capitalismo, ¿ou non?

    E en canto o voso ¿ou sí?. Pois, en parte, sí. E no meu caso se queredes podes identificarme co discurso que lemos na prensa que defende o Valedor do Pobo:

    http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008111200_4_273072__GALICIA-Valedor-reprende-partidos-crear-conflicto-social-lengua

    http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2008/11/12/0003_7306627.htm

    Un saúdo,

  23. baionaconsciente dijo

    12 de Novembro del 2008 a las 21:31

    Todos saben quen creou da nada un suposto problema lingüístico e qué medios o alentan.

    Que un partido minoritario tente acadar pequenas cuotas de poder a costa de demonizar as linguas oficiais do Estado vinculándoas ao nacionalismo é esperpéntico. Pero máis esperpéntico é que ese discurso cale na sociedade, porque todos sabemos que a base electoral do PP é a máis galego falante de Galicia. E quen pense que o PP é nacionalista que levante a man.

  24. Diego dijo

    12 de Novembro del 2008 a las 23:16

    Supoño que ese pequeno partido é o da “compañeira” Díez. Nembargantes coido que o debate lingüístico xorde coa aparición en escea de “Galicia Bilingüe”.

    Non o teño claro dabondo pero penso que GB é unha asociación non ligada directamente a ningún partido político determinado na que o partido de Rosa Díez e mesmo o PP poden tratar de buscar algún rendemento electoral de cara as eleccións autonómicas. Penso que o vindeiro ano poucos votos se poderán conseguir con esa estratexia.

    Saúdos,

Comentarios RSS