O desenfado como denuncia

Se no pasado Domingo nos sorprendía a curiosa iniciativa no bidón en Baredo. Hoxe nos enteramos pola Voz de Galicia de que algúns hostaleiros do Casco Vello van a organizar unha carreira de carretiñas desde o Concello ao peirao.

Ao máis puro estilo monegasco, o circuito se desenvolverá nun circuito urbán, preparándose nomes que serán emblemáticos en futuras edicións. A curva de Conde con Ventura Misa parece que será mítica e competirá en fama coa recoñecida Santa Debota da Fórmula 1.

O caso é que se quere plantexar esta iniciativa como unha denuncia desenfadada dos problemas que sufren os hostaleiros á hora de ter que tirar o lixo no puntos fóra do Casco Vello. Poderiamos ser crueles , e o seremos, recordando que agora protestan por unha incómoda situación que levan anos sufrindo os moitos repartidores que lles proveen de diversos productos, xa que non poden acceder cós seus vehículos directamente aos establecementos, sobre todo porque non poden pasar pola inxente cantidade de terrazas que se instalan.

Non se enganen, señores hosteleiros, pouco a pouco certo tipo de negocios tenderán a desaparecer, xa que á hora dun cambio de titularidade nun negocio, se aplicará a lei e non se permitirán actividades de afluencia masiva en locais de menos de tres metros de altura, por pór un exemplo que afecta directamente. Un dato que parece descoñecer o xerente do Surtidor, que esgrime unha licencia da que non é titular. O pobre ou ten un moi mal abogado ou é que ten ganas de sair na foto.

Los comentarios han sido cerrados para esta nota