“Viva la danza española”

O fervor flamenco invade as rúas de Baiona. Se recentemente abrían dúas escolas de danza, agora é o Concello que se une ao desenfreno de caderas e movemento de mans.

Que o Concello de Baiona entre en competencia con empresas privadas non é tema de moita discrepancia, porque a señorita Tatiana Buján tamén é de Deus e terá dereito a buscarse a vida como boamente poda, sobre todo sendo de Baiona.

O que pode chocar un pouco é que se destinen cartos do erario público a bailes tan pouco arraigados na nosa cultura. E ollo que non queremos confundirnos có discurso nacionalista, xa que en Baiona hai a posibilidade de aprender baile tradicional galego sen nengún tipo de problemas. O caso é que cremos que un curso de flamenco dunha duración de quince días non ten un obxectivo claro, máis que o de decir que se están a facer cousas.

¿Imos ir descubrindo as actividades segundo aparezan? Todo cheira a que se está a improvisar a marchas forzadas unha serie de actividades. A Concelleira de Cultura ten o “L” nas costas, no ámbito da política e tamén da cultura. Agaradamos que cumpra rápido có rodaxe, porque Baiona non pode pasar sen un programa cultural en condicións.

Los comentarios han sido cerrados para esta nota