Acción-Reacción

Mirade que é casualidade que xusto cando se aproba o PXOM inicialmente a Consellería de Política Territorial envíe urxentemente, por fax e rondando as tres da tarde, o informe que debería ter presentado hai polo menos seis meses. Un defenderán a capa i espada que a Xunta reaccionou rápidamente ao órdago do Concello, namentres que outros argumentarán que sabendo o Alcalde que o informe chegaría máis cedo que tarde fixo unha maniobra de oportunismo dos que nos ten acostumbrados.

Sexa cal sexa a verdade, o caso é que todos saben xa por onde van os tiros da Xunta e, a verdade sexa dita, son bastante coherentes os argumentos salientados no informe, sobre todo os referentes á inviabilidade dun campo de golf en Baredo.

Pero hai un detalle que nos fai ter a mosca detrás da orella. Un informe de tan alto contido técnico e denso non se fai en catro días, a lei estima ata tres meses, e resulta que desde o Pleno ao envío pasaron somentes dous días. E nos preguntámonos ¿tiña a Consellería o informe nun caixón agardando a mellor oportunidade para sacalo á luz pública? Porque non cremos que o señor Alcalde teña tantos contactos na Xunta como para saber que os técnicos xustamente estaban a rematar o traballo e se quixo anticipar para gañar a baza do apremio.

Voltando ao campo de golf, por fin unha administración pública está a obrar con lucidez e para os pés aos proxectos faraónicos e tamén elitistas duns cabezapensantes que máis que pensar no verde da natureza pensan no violeta dos “Bin Laden”. Menos mal que a situación económica global fai descartar as magnas obras. O señor Vilar terá que coller o coche ata A Toxa para xogar ao golf co seu amigo Xosé Enrique. O feito sería de foto, pero de seguro que nunca se producirá, o sentido común actuará ainda que sexa somentes por unha das bandas.

Moi habilmente o señor Vilar fala dun campo de golf e o señor Almuiña dunha “zona deportiva que non ten porqué ser un campo de golf”, porque o caso é que no PXOM se plantexan dous e un deles coa súa conseguinte urbanización de chaleciños para “guiris”. E como ben se argumentou no Pleno, non se pode xustificar as necesidades de auga dun campo de golf cunha tubería que conecta co suministro de Nigrán. Si o señor Vilar coñece alternativas que fan autosustentable un campo de golf, debería facer porque se reflexaran como condicionantes para a súa ubicación en Baredo, mesmo se podería articular algún xeito de aproveitar o auga doce resultante do tratamento das augas por parte da EDAR de Silleiro, que de seguro que hai posibilidades.

Ideas non faltarán, pero a mellor é a que plantexou o BNG no Pleno e non é máis que copiar aos nosos veciños de Nigrán e Gondomar e apostar pola Axenda 21 Local como o mellor xeito de acadar un urbanismo sustentable e consensuado coa veciñanza. Si se quere apostar pola transparencia e o diálogo, deamos a voz ao pobo e traballemos man con man cos baioneses, senón non nos creeremos os discursos dos políticos. Verbas fermosas para oidos taponados.

6 Comentarios

  1. barrabí dijo

    27 de Novembro del 2008 a las 22:41

    Eu onde vexo unha “casualidade” é na simpleza do análise que fai o goberno local sobre o demoledor informe según din (tal e como estaba previsto). E a xogada é moi hábil, vendemos un campo de golf do que agora, non se chegan a botar atrás, pero van baixando as súas pretensións, ou simplemente van poñendo os pes no chan, e insisten nos acordos ca oposición (olvidándose do resto). E eu espero que nos supostos acordos non se negocie un “Nos quitamos de aquí o campo de golf, pero mantemos o resto de cousas”. Porque é un plan inaceptable. Espero que eses acordos vaian máis aló e sexan máis ambiciosos para Baiona, e que logo non nos vendan unha estación de buses como gran avance para Baiona.

    Sigo a pedir máis seriedade cunha cousa tan importante como é un Plan Xeral.

  2. maria dijo

    28 de Novembro del 2008 a las 10:45

    por favor que as cola ten horario as 9 h e ai que estar antes grazas por mandala os lunes espero que se siga tamen fago acordar o trasporte dos rapaces de bachiller 1º de marzo… e mellor convinacion pra reabilitacion a xunqueira e de vever pra os nenos non bos esquezades por favor señor alcalde ..concejal de educacion …concejal de deportes e tamen vostede señor vilar que quer o ben pra baiona moitas grazas por antelacion un saudo

  3. buxo blanco dijo

    28 de Novembro del 2008 a las 11:09

    buf menudo cousa que ben ai,gustarieme saber de quen son os terreos onde queren ubicar ese campo de golf, por que creo que oubo alguen que fixo apremio diles.snf snif cheirame a pelotazo,por outra banda o de politica territorial nun e de recibo,esperar ate o ultimo sospiro pra mandalo informe,SEÑORES E SEÑORAS,DEIXENSE DE PARTIDISMOS E LOITEN POR UNHA BAIONA MODERNA,CON POLIGONO INDUSTRIAL ONDE PODER EMPREGAR A XENTE,EXEMPLO DE NIGRAN,E MENOS ESPECULACION. UN SAUDO A TODOS

  4. AIXIÑA dijo

    28 de Novembro del 2008 a las 22:13

    El problema es que tenemos 3000,Marbellas en España,y mucho politico corrupto que hacen lo que les pasa por las p…….otas,algunos señores de la construccion a golpe de maletines construyen y hacen lo que les viene en gana,el pueblo,y me refiero al mio habla mucho en la panaderia,en la pescaderia,en la carniceria,pero la mayoria no hacen nada,entre todos nos vamos a cargar el invento,vaya herencia les vamos a dejar a nuestros hijos a nuestros nietos,campos de golf y ladrillo y cemento por todas partes.

    Lo que hay en Baiona es mucho golfo y para estos tendriamos que hacer un campo especial.

  5. baionaconsciente dijo

    28 de Novembro del 2008 a las 22:20

    ¿Non sería convinte que os políticos organizasen foros de debate para definir qué Baiona se quere? ¿Porqué tanto medo a falar coa xente?

    Nigrán e Gondomar apostaron pola Axenda 21. E Baiona ¿qué? ¿Terá a oposición que voltar a exercer labores de goberno?

    Se non hai reacción política acabará habendo reacción social, colectivos manifestándose públicamente e axentes querendo contaminar a opinión pública. Asembleas consultivas parroquia a parroquia sería unha boa alternativa.

  6. xocas dijo

    1 de Decembro del 2008 a las 23:46

    BC deu de cheo, non e un sinon dous campos de golf os que se recollen no documento, o primeiro mais arriba de Chan da Lagoa, que como di almuiña poidera ser unha zoa deportiva a saber de que,xa que un campo de golf precisa de cartos para asua execución e o seu mantemento e dende logo non creo que os comuneiros de baredo estean dispostos a elo, e decir irrealizabel.
    Pola outra banda temos a segunda alternativa e mais factibel, o SUD1 503000 m2 cunha edifiabilidade do 0,22m/m2 que ven poidera ser o soporte economico da operación con 500 chalet e varios hoteis e o desexo polos chavalotes do PP do campo de golf de 90000m2, esta si e unha operación redonda que poidera dar moitos dividendos os que estiveron comprometendo operacións de opcións de compra moitos meses antes.

Comentarios RSS