Comezan as tradicións do Nadal

Ceas de empresa, vacacións dos nenos e visitas á familia que se abandonan en canto rematan as festas. Somos animais de costumes e non imos cabiar a estas alturas da película.

E todo isto para decir que hoxe é a cea de Nadal do PSOE e que será, como xa é tradición, no Restaurante Rocamar. Pode ser que sexa unha das poucas veces en que as tensións de dentro e fora do partido se esquezan, as diferencias políticas queden apartadas e todos convivan en paz e armonía e se destaquen os puntos de encontro e os logros acadados ata a data. Pero todos sabemos tamén que ao remate de calqueira ágape é cando realmente se toman as decisións importantes, se definen as estratexias e se producen os mellores debates. Os parlamentos deberían ser bares, restaurantes e taperías. Non é menos verdade que o mundo empresarial funciona deste mesmo xeito e, en tempos, os tratos pechábanse á hora do puro e a copa de coñac. Simplemente bastaba cun apretón de mans e o negocio quedaba acordado.

O noso máis fervente desexo sería que o Concello celebrase unha cea de Nadal onde foran Goberno e oposición, onde os debates fosen relaxados e onde uns e outros se percatasen que os rivais políticos tamén son pais de familia, boas persoas, que erran sin maldade ou que coinciden ao fin e ao cabo bo básico. Desgraciadamente unha das poucas cousas nas que soen coincidir políticos de cores opostos é na afición a uns determinados cores futbolísticos. Esta fin de semana veremos a populares e socialistas abrazarse tras un gol. Os “do bloque” soen ser máis da terceira vía e tentar disimular que nin lles vai nin lles ven, pero por moi increible que pareza, ata hai nacionalistas que son do Real Madrid e cantan aquelo de “Raúl Selección”. QUé terá o fútbol que non fai máis que romper fronteiras, ainda que a súa paixón non se basee máis que no localismo, o peor dos sentimentos territorialistas. Iso sempre que o señor Fraga non os colgue “dalgún sitio”.

Bo fin de semana  e Bo Nadal, Conscientes Baioneses, as vindeiras semanas verán un BC menos activo xa que as vacacións do Nadal relaxan o ambiente e invitan a esquecerse un pouco das tensións e padecimentos. Iso sí, non nos esqueceremos de escribir a carta aos Rei Magos.

1 Comentario

  1. AIXIÑA dijo

    12 de Decembro del 2008 a las 23:09

    FELICES FESTAS

Comentarios RSS