Bo Nadal Conscientes Baioneses

Xa se palpa o ambiente previo ás datas que poñen punto e final ao ano dous mil oito. Non cabe dúbida de que a crise económica global fai mella e as luces semella que brillan menos, os nenos captan a indirecta e piden menos agasallos e os pais buscan solucións máis económicas onde antes nin se miraban os prezos.

Pero de seguro que a boa comida non faltará nas mesas baionesas. O marisco indicará que ese día é especial e os postres caseiros rematarán a xornada a carón da cociña de ferro, que o tempo nin siquera invita a moverse moi lonxe de tan preciada fonte de calor.
E como non, a preciada carta ao Reis Magos, ou a Papá Noel, que en iso non imos ser discriminatorios. Os nosos particulares Reis Magos serán tres: Melchor Almuiña, Gaspar Lores e Baltasar Fernández. Realmente quen decide os agasallos non son estes tres Reis Magos, como todos saben realmente é o pai Manolo Vilar quen toma a decisión final, pero ainda así seguiremos coa nosa inocencia similada e redactaremos a nosa carta de peticións, que é a seguinte:

Prezados Reis Magos:

Este os baioneses tentaron ser bos e realmente, agás medio cento mal chamado “os Conscientes Baioneses”, fumos caladiños e consentidores. Así nos foi, a verdade. Esta paciencia que tivemos debería terse en consideración para que no 2009 nos traiades a maioría do que vos pedimos.

Primeiro queremos un Plan Xeral noviño do trinque, pero que sexa respetuoso coa nosa identidade e que non nos vexa como meros camareiros para os turistas de cartos, os cales non vemos moito porque ao noso concello adoitan vir máis os do bocata e a compra no Eroski.

De segundo queremos un PEPCHAB que ilumine o noso Casco Vello como realmente se merece, que se rehabiliten vivendas e que se empreguen para o que precisen os baioneses, non para que supostamente veñan artistas a pintar non se sabe moi ben o qué.

Non queremos ser moi pedichón, así que miraremos polo que vos gusta e pedimos que a humanización de Sabarís sexa un feito e non unha cortiña de fume, que o señor Zapatero na súa infinita bondade nos permitar acadar a financiación para que sexa unha realidade.

Tampouco nos esquencemos das cousas que pedimos en anos anteriores e ainda non chegaron, como a EDAR de Baredo, a utilización da parcela dos Tendais para o que sexa menos para almacén de refugallos ou o Centro de Día que o Rato Pérez Quintana nos pagou pero non fomos quen de aproveitar.

E, para rematar, simplemente queremos que os nosos políticos sexan todos Conscientes Baioneses, que den a talla, que melloren o seu discurso e tolerancia cos rivais e que desaparezan as figuras caciquiles que mercan votos con postos de traballo, concesión de licencias e malas prácticas semellantes.

Deixamos aberta a carta por si algún Consciente Baionés quixese pór o se

2 Comentarios

  1. buxo blanco dijo

    16 de Decembro del 2008 a las 9:04

    pides moito(BUENO EN RELIDADE POUCO MOI POUCO),pero visto lo visto creo que este ano como nos anteriores aos BAIONESES CONSCIENTES TOCANOS OUTRA VEZ CARBON,NON POLAS NOSAS TEIMAS QUE CREO MOI RESPETABLES,SENOS POLOS QUE NOS TEÑEN QUE TRAER ESES FERMOSOS AGASALLOS QUE PEDIMOS.FELICES FESTAS A TODOS OS BAIONESES CONSCIENTES.

  2. AIXIÑA dijo

    16 de Decembro del 2008 a las 21:56

    Eu quero un Baiona donde podamos pasear por nosas ruas sen tropezar, poder disfrutar dos nosos espacios publicos,un pueblo limpio,donde poder traballar,disfrutar e dencansar.

    Quero a ria limpa e playas de area blanca´.

    Quero que como xa esta jodido non o sigan jodendo.

    Quero………..

    QUE ESTAN FACENDO NO MUELLE ?

Comentarios RSS