A oposición exerce de Goberno…

…e o Goberno exerce de oposición. Ésa é a única explicación do que aconteceu onte no Pleno Municipal. Rafa Lores tivo que sair ao paso das críticas populares polo retraso na execución das obras que enlazarán Sabarís con Baredo a través da Autoestrada. Houbo moitos argumentos e actitudes demagogas que cómpre analizar detidamente.

O Partido Popular non debe ser quen de criticar o retraso nunhas obras, cando Baiona está inzada de obras se rematar por adxudicacións precarias desde o Concello. A galescola ou o centro de día son os casos máis salientables. Por outra banda esta obra xa se demandara no momento no que o malogrado Faraón Cuiña puxo os ollos no Val Miñor. Don Manuel fixo caso omiso dos argumentos e ALEGACIÓNS presentadas polos veciños. E aquí debemos facer un inciso para facer algo de memoria e clarificar as cousas, ainda que non colla directamente a Baiona por medio. A xente estaba acostumbrada a que se expuxera un proxecto e as alegacións non valesen para nada, seica as cousas cambiaron na Xunta e podémolo ver coas dúas polémicas máis agrios do mandato Touriño: As Directrices de Ordenación do Territorio e o Plan Sectorial de Vivenda. Os conselleiros escoitaron as críticas e prometeron modificacións segundo as demandas plantexadas, mesmo fontes da Xunta manifestaron que non se ían derrubar casas se non había acordo. Pero isto hai a quen lle entra por unha orella e lle sae pola outra, ao fin e ao cabo estamos en precampaña e todo vale.

Voltando ao manifestado, nadie mirou ao señor Almuiña porse á fronte dos afectados pola Autoestrada e reclamando un acceso Sabarís-Baredo. Casualmente quedan dous políticos na Corporación Municipal que estaban presentes naquel conflicto: Manolo Vilar e Xosé Enrique Fernández.

O PSOE tampouco debería entrarlle no xogo á oposición que goberna, simplemente debería argumentar que si o señor Alcalde non é quen de plantarse en Pontevedra ou Santiago para reclamar explicacións dos retrasos das obras dirixidas pola Administración Autonómica igual é porque non está capacitado para representar os intereses dos baioneses. Facer de voceiro da Xunta simplemente o desacredita como portavoz dos veciños, cóstalles criticar aos compañeiros de partido e iso pode ser un importante lastra á hora de reclamar o voto nunhas Municipais.

O BNG, coma sempre, dando caña sen importarlle si os golpes caen nunha Administración na que ten unha parte importante de responsabilidade. É un xesto que deberiamos recoñecer si no parágrafo anterior criticabamos o contrario nos “aliados necesarios”, pero igual hai un punto intermedio entre uns e outros. Normalmente os entendementos soen producirse na equidistancia e chegar a ese punto esixe que as partes relaxen un pouco as posturas. Moito mellor tivera sido que ambas formacións tivesen argumentado o mesmo, ainda a risco de saber que esta alternativa sempre dilúe o protagonismo dos nacionalistas, que teñen que presentar unha terceira vía ou caer irremisiblemente no icono de apéndice do PSOE. O portavoz nacionalista Xosé Enrique pode presumir do traballo realizado na época na que se contruíu a autoestrada, traballo non sempre recoñecido. Naquela época a terceira vía a lideraba Esquerda Galega, un impulso que nunca soubo aproveitar o BNG, quizáis porque o sentimento nacionalista era demasiado suave nos baioneses ou porque simplemente os activos galeguistas perderon as ganas de seguir loitando.

O Señor Vilar, no seu habitual discurso esperpéntico, irreal e vergoñento, non só obvia que esa obra que agora reclama como imprescindible a negou él sendo Alcalde, sinón que pón ata en tela de xuizo que se chegue a facer. Ou sexa, que se talan uns pinos e se levan unhas excavadoras para facer conto e chegar ata Marzo. Si tan seguro está o señor Vilar de que non se vai a chegar a facer a conexión Sabarís-Baredo, que poña a súa acta de concelleiro en xogo e se comprometa a que si no prazo estimado non se remata a obra, él vaise para casa. Xa sabemos a resposta, asíq ue aquí non hai debate.

E finalmente, unha reflexión. ¿Qué tería pasado si as obras non se tivesen interrumpido para preservar un camiño medieval? Pois que agora estariamos falando de que o PP estaría reclamando a paralización das obras, o PSOE defendería o pouco valor patrimonial do camiño, o BNG estaría montando unha asociación en defensa dos camiños medievais e o señor Vilar estaría falando de que a Xunta o que quería era rematar as obras antes das Autonómicas para poder vir a inauguralas. Cousas da política e do pouco nivel político que nos rodea.

6 Comentarios

  1. buxo blanco dijo

    20 de Decembro del 2008 a las 10:53

    bc xa onte cho contaba o de MANOLO VILAR NUN TEÑP MAIS QUE OPINAR,

  2. Diego dijo

    20 de Decembro del 2008 a las 13:05

    Además del recurrente “tema Política Territorial”, en el pleno del pasado jueves se hablaron de otras cosas. Personalmente, creo que más importantes.

    En estos momentos, economía y paro son las principales preocupaciones de los ciudadanos, y el gobierno ha puesto encima de la mesa el Fondo de Inversión Municipal para combatir dicha situación. Son 8.000 millones de €.

    En el pleno se debatió la moción (http://www.baiona.psdeg-psoe.org/noticia.php?idnoticia=264) presentada por el PSOE para que Baiona se sume al Fondo de Inversión Municipal lo que representa algo más de 2 millones de €, es decir, sobre un 25% del presupuesto total municipal.

    Lo importante del debate es el resultado, a saber: aceptación de la moción por unanimidad de la corporación y creación de una comisión de seguimiento al respecto.

    El principal objetivo del Fondo es la creación de puestos de trabajo para parados y teniendo en cuenta que en Noviembre Baiona contaba con 841 parados (120 de la construcción) creo que todos nos podemos sentir bastante contentos con el acuerdo del pleno.

    Un saludo,

  3. baionaconsciente dijo

    20 de Decembro del 2008 a las 16:08

    ¿Cómo pode ser, Diego, que recibamos a nota de prensa sobre a cea en Rocamar e non a moción que presentou o PSOE no Pleno?

    Deberían revisarse as prioridades.

    Nós apostamos a que a humanización de Sabarís vai estar sobre a mesa, ¿cánto vai?

    POr certo, as propostas da oposición para estas inversións ¿cáles son?

  4. baionaconsciente dijo

    20 de Decembro del 2008 a las 18:02

    Tes razón, buxo blanco, adiantaches a nova, pero entenderás que isto merecía unha anotación en exclusiva.

  5. rafa lores dijo

    21 de Decembro del 2008 a las 1:48

    En relación o retraso das conexión da atoestrada,comentar que o primeiro que se lle dixo o alcalde e ra que tiña que cambiar de actitude e deixar de presentar mocións e traballar para que as inversións e Baiona se leven a cabo, e procurara ter boas relacións institucionais con todas as administracións, os veciños e veciñas de Baiona non queren un goberno local que non é quen de manter un dialogo ca Xunta de Galiza.

    De tódolos xeitos penso que o mais importante do Pleno foi o convenio co SERGAS para que se faga cargo do mantemento do Centro de Saúde aforrando o Concello 66.000 euros, que o Grupo Socialista solicita que se incorporen a partida de Servizos Sociais.

    É tamén moi importante que se aprobara a moción de acollerse a o Fondo de Inversión Pública que supón para Baiona perto de 2,5 millóns de euros.

    Encanto a proposta dos socialistas para esas inversións, comentar que procuraremos chegar a un consenso entre tódolos grupos, pero pensamos que o mais importante non son as obras en simesmas, que tamén, senón a creación de postos de traballo. É importante facer un estudo da poboación de parados/as de Baiona e dirixir as intervencións a reducir o número de desempregados/as.

    Consideramos, de tódolos xeitos, que se debería facer unha obra en Baiona, a humanización de unha rúa,( por exemplo a de Carabela la Pinta ou Elduayen) unha actuación para mellorar o mercado de Sabari, rematar saneamento e acondicionamento de camiños en Baredo e Belesar. Pero, repito, estas serán propostas que levaremos a comisión e será esa a que decida cale van a ser as obras concretas. Saúde e forza. Rafa Lores.

  6. Diego dijo

    21 de Decembro del 2008 a las 11:15

    BC,

    Como espectador que soy, lo de la moción supongo que sería un despiste.

    Por otra parte, no apuesto pero creo que perderías la apuesta. En primer lugar por plazo (hay que presentar las iniciativas antes del 20 de enero) y en segundo lugar por cantidad económica (por los 4M€ andan las 3 fases del proyecto de humanización de Sabarís).

    Por último, estoy de acuerdo con lo que comenta Rafa. Pero me gustaría decir que es preciso que la asignación de puestos de trabajo se fundamente, en la medida de lo posible, en la situación personal/familiar, evitando la discrecionalidad.

    Saludos,

Comentarios RSS