Ausencia de ruidos

mentes pensantesIso debe pensar que é o que hai en Baiona o noso señor Alcalde, doutro xeito non se entendería que no Pleno de hoxe se levara a debate a derogación da ordenanza municipal sobre o tema. Os argumentos non semellan moi adecuados ou é que o descoñecemento sobre modificacións legais campa ás súas anchas polas dependencias municipais.

¿Poderiamos imaxinar un Congreso do Diputados que aprobase a derogación da normativa de tráfico para adecuala logo ao modelo europeo? Durante a tramitación parlamentaria e posterior aprobación e publicación no Boletín Oficial do Estado conducir a 200 km/h polas autoestradas non estaría penado. Sería o caos e unha neglixencia. Pois no caso da ordenanza dos ruidos sucede o mesmo.

Rápidamente a oposición suma dos máis dous e conclúe que o beneficiario é Ezequiel Simóns, si ao cóctel lle engadimos a relación coa verba urbanismo (a filla é concelleira desa área), xa temos un cóctel digno de propagarse polos medios a nivel estatal. Podemos tirar por ahí ou quedarnos na crítica constructiva e formal. O malo de tentar tirar do fío é que se está a pór a ovo a contestación e martirización do Goberno Municipal. Argumentos como a persecución ou a paranoia ocultarán o verdadeiramente interesante do debate.

Si hai que mellorar a ordenanza, pois que se mellore e punto. Si está ben como está, pois que se argumente. Pero caer no nomeamento de ilustres nomes non servirá nada máis que para encender o fácil aplauso dos fieis e achegados.

O que tamén resultou curioso da orde do día foi a doble presentación de mocións ao respecto da conflicto en Gaza. Xa sabemos porqué, na anotación de “Veciños e non tan veciños” deste pasado Sábado xa se antecedía a discrepancia sobre o nivel de oposición que se debe facer perante a masacre indiscriminada. Bolivia é o claro exemplo de coherencia, claro que si España exporta máis de catro millóns de euros en armamento militar a Israel se entenden algunha posturas alarmistas. Simplemente queda aclarar en qué bando se está, si no do oprimido ou no do opresor.

14 Comentarios

  1. AIXIÑA dijo

    15 de Xaneiro del 2009 a las 20:03

    Copio de entrevista Faro Vigo =
    NELI PILLADO / BAIONA
    Con la experiencia que aportan ya cuatro años como alcalde y sus incansables “ganas de trabajar”, Jesús Vázquez Almuiña quiere transmitir un “mensaje positivo” pese a la crisis en este comienzo de curso, teñido de gris por el capítulo de la denuncia por supuesta prevaricación urbanística…….

    Uno de los problemas que ha denunciado en varias ocasiones es el vandalismo en verano. ¿Cuál es la solución?
    -Estamos preparando una ordenanza de conciliación entre diversión y descanso en la que tenemos que estudiar el verano y la Semana Santa. Yo estoy de acuerdo con el botellón como fenómeno social de relación de los jóvenes, pero no con que se facilite como vía de escape. Con el Noitebús, es necesario trasladar a Baiona suficiente seguridad y efectivos de limpieza.

    ?

  2. jolondrina dijo

    15 de Xaneiro del 2009 a las 20:34

    Con respecto a ordenanza de ruídos teño entendido q non hay vacio de lei, o derogar a ordenanza municipal se rexirán pola autonómica q ten mayor rango de lei co cal non entendo onde está o problema?seguirá habendo lexislación para poder actuar contra os q infrinxen a lei e non respetan os veciños deixandoos descansar en paz.
    Con respecto o corta e pega de axiña as palabras do alcalde interpreto q non se refiren a esta ordenanza de ruidos senón q probablemente teña en mente facer o q ahora esta de moda q é facer unha ordenanza pra o botellón e q este non de problemas facendo destrozos e ensuciando ao seu paso.
    Un saúdo.

  3. AIXIÑA dijo

    15 de Xaneiro del 2009 a las 20:53

    Supuño que para o botellon tamen hay leis
    autonomicas.

  4. baionaconsciente dijo

    15 de Xaneiro del 2009 a las 21:11

    O que dí jolondrina pode ter explicación e sentido, logo sería un caso evidente de marcha atrás nas críticas, esixíndose as rectificacións oportunas.

    De non ser así seguiríamos no mesmo, ¿algún avogado na sala?

  5. Alalá dijo

    15 de Xaneiro del 2009 a las 21:12

    Esta derogación cheira como mínimo raro, ¿Cal será a seguinte? Eu propoño a de tráfico, así poderemos aparcar onde queramos todos.

    ¿Alguén coñece outro caso semellante?

  6. Diego dijo

    15 de Xaneiro del 2009 a las 21:45

    Dúas cousas:

    1) ¿Acaban de chegar os señores Almuiña e Vilar ó goberno? A resposta é non. Polo tanto, son culpables de non ter adaptado a ordenanza cando se modificaban as leis ou aparecían novas leis. Ou mesmo redactar unha ordenanza o seu antoxo.

    2) Se con todo a ordenanza non lles é axeitada o único que teñen que facer é: primeiro redactar unha nova e segundo pola en funcionamento no mesmo día que deroguen a outra.

    Saúdos,

  7. Diego dijo

    15 de Xaneiro del 2009 a las 22:11

    E unha terceira:

    ¿Estamos mellor hoxe que onte?

    Saúdos,

  8. AIXIÑA dijo

    15 de Xaneiro del 2009 a las 22:29

    Non estamos mellor nin peor estamos como antes muy mal.

    Cambien o que cambien e imposible empeorar.

    Jolondrina dice que seguirá habendo lexislación para poder actuar contra os que infrinxen a lei e non respetan os veciños deixandoos descansar en paz.

    Entonces solo hay que facer cumplir a lei dentro dos locales e tamen na calle.

  9. Alalá dijo

    15 de Xaneiro del 2009 a las 22:59

    BC, avogado non son pero ¿que farías se te houberan sancionado baseándose nesta ordenanza que agora foi derogada? Como mínino pedir a revisión do expediente supoño.

  10. xose enrique dijo

    15 de Xaneiro del 2009 a las 23:19

    Cando presentamos esa ordenanza fixose porque con a lexislación existente ( que era a mesma de hoxe, aplicala nun concello como o noso resultaba moi complexo e practicamente con as lagunas que ten sempre se salian os infractores polos cerros de úbeda.Os funcionarios que colaboraron conmigo na sua adadtación(foi adadtada pola de Santiago de Compostela pola suas caracteristicas), foron o arquitecto (faustino) o sarxento (pedro) e o secretario Alberto Freire), de tal xeito que a partir da sua publicación , aplicouse e os infractores eran sancionados, de este xeito conseguimos que por exemplo os veciños do casco por primeira vez despois de moitos anos foran capaces de ter unha calidade de vida aceptabel, incluso os de fora do casco acordaranse do percance que mantivemos con villa rosa que acabou no xulgado e con unha sanción.
    esta claro cales son os intereses que defende o alcalde, eso si a conta do benestar da cidadania.
    para mais colmo que a concelleira de urbanismo diga que cantos menos ordenanzas mellor para todos, xa ten delito o tema, claro que cada un fala da feira segun lle vai nela.

  11. barrabí dijo

    16 de Xaneiro del 2009 a las 2:28

    Eu creo que a resposta axeitada sería facer unha cacerolada as catro da mañá nalgunha glorieta onde se molestase a quen considera que non fai falta esta ordenanza (ou lle vale este período de inacción da lei), ou se non é nesa rotonda, pois preto dalgún hotel, para que os turistas tamén opinen (o fin e o cabo… Baiona estase a construir solo para eles).

    Saudos

  12. Xan dijo

    16 de Xaneiro del 2009 a las 8:43

    Apuntome a cacerolada, cando e onde?

  13. Xavou dijo

    16 de Xaneiro del 2009 a las 13:35

    Éche o conto de Baiona!!! Pasar dunha vila mariñeira a un parque temático de turismo rancio. Unha vila na cal todo ou case que todo se está a planificar en base a intereses privados, nunca pensando nos veciños e veciñas e no seu benestar. Os detectives da T.I.A só traballan pensando no peto do/s empresarios amigos.

    Outra Baiona é posible e necesaria.
    Un saúdo

  14. baionaconsciente dijo

    16 de Xaneiro del 2009 a las 14:10

Comentarios RSS