Montes convulsos

guerra en baiñaHoxe o Faro de Vigo relátanos a espeluznante experiencia da democracia mal levada. Porque hai veces que se demostra que ceder o poder de decisión ao pobo xera imperfeccións que deberían atallarse con educación. Esa Educación para a Cidadanía que as faccións máis ultradereitistas rexeitan non pode ser máis que un instrumento para o civismo dos nosos fillos. Claro que hai quen prefire que nadie lle prohiba conducir ata unha cata de viños e voltar para a casa enchido de sí mesmo, esquecendo os xenocidios consentidos e bébedo ata a tupida melena.

Voltando ao caso, a cesión da xestión do monte ao pobo foi unha reivindicación acadada hai xa moitos anos, pero non convenientemente atentida. Así, aqueles que realmente amaban o seu monte, a natureza e o traballado adicado como forma de entretemento deixaron paso a certos elementos menos adecuados, pero aupados por intereses políticos ou, o que é peor, económicos.

E non falamos somentes de Baiña, outras comunidades de montes teñen cometido barbaridades absolutas e nadie dixo nada. Nin tampouco miramos para unha candidatura ou outra, poucos nomes podemos atopar entre ambas que podan avalar a sua candidatura con preocupación polos montes da súa parroquia.

Si revisamos as últimas listas electorais ás Municipais podemos concluir que un colectivo que engloba a tantos veciños das parroquias e que manexa tantos cartos sempre é un suculento obxectivo para o medre electoral, outra cousa é que logo os haxa que nin tan siquera aproveiten a ocasión.

Pero que todas estas zarandainas conleven á repetición dunhas eleccións, a denuncias ante xuzgados e a un enfrontamento público con descalificacións persoais xa pasa de castaño escuro. Igual o ideal sería que os montes voltasen de novo a mans públicas e problema solucionado. Entonces xa non habería divisións, a crítica sería unánime ao Estado Bolchevique.

5 Comentarios

  1. Ana Mª Rodríguez dijo

    28 de Xaneiro del 2009 a las 18:56

    Boa tarde:
    Polo que teño entendido a comunidade de montes de Baiña, celebrou eleccións a xunta rectora e no reconto había mais votos que votantes.Loxicamente esas eleccións non foron, en absoluto, legais e teñen que volver a celebrar as votacións.Na asamblea que celebraron ultimamente, que a convocou a xunta rectora en funcións , os que dín que gañaron as eleccións abandonaron a asamblea dicindo que era ilegal.Os comuneiros que quedaron na asamblea, acordaron volver a celebrar as votacións.
    Posiblemente, eu non son a persoa indicada a falar do tema porque non son comuneira dos montes de Baiña e non estaba nas asambleas que se celebraron, pero son comuneira dos montes de Santa Cristina e son a súa secreteria e loxicamente, me interesa o que pasa nas comunidades de montes do noso concello.
    Parezme un pouco atrevido por parte de Baiona Consciente, dicir que “igual o ideal sería que os montes voltasen de novo a mans públicas e problema solucionado”.
    O problema que teñen en Baíña teñen que solucinalo eles, para algo as comunidades son a cousa mais democrática que hai, decídese todo por asamblea xeral de comuneiros que son os LEXITIMOS PROPIETARIOS do monte.
    Ana Mª Rodríguez Fernández
    Secretaria da comunidade de montes de Santa Cristina da Ramallosa

  2. Ruxe-ruxe dijo

    28 de Xaneiro del 2009 a las 20:09

    Puntualizando:
    Deciden todo ou case todo. As desfeitas que se levan feito nos montes do Val Miñor en algunhas comunidades de montes, se foron aprobadas pola asamblea, efectivamente son democráticas, mais non parece que estean facendo o mellor, tanto para eles como para o común do pobo.
    Polo tanto hai que matizar moito o labor e os feitos que se estan a dar en algunahs comunidades de montes. A ignorancia hoxe xa non é eximente para facer e despois dicir que non se sabía ou coñecía e lei.
    Os montes comunais son e deberan seguir sendo dos comuneiros, certo. Agora ben, non poden facer o que queiran neles nin estragar un patrimonio que non lles pertence en exclusiva, aínda que sexan os propietarios lexítimos.
    En Baíña o que deberían facer, dende o meu punto de vista, e facer un proxecto novo que conte con todos, deixarse de manipulacións e escuros intereses e pensar no beneficio da parrroquia e non de algúns só.
    Cordura, consenso e moito sentidiño. Lembrade aquilo de O pobo unido xamais será vencido.
    Paz, e a traballar todos xuntos. E, aos que meterona azoac e algo máis, fóra e que paguen eles a conta do,que lle veña por trás.

  3. baionaconsciente dijo

    28 de Xaneiro del 2009 a las 21:02

    Ana, precisamente a nosa reflexión quería despertar esa reacción, que vexamos que ou ben somos quen de madurar ou haberá máis cedo ou máis tarde unha solución drástica que non gustará a nadie e que ensuciará a boa labor doutras comunidades de montes.

    O que dí Ruxe-ruxe é moi acertado. Democracia sí, pero con máis e mellores controles das actuacións.

  4. Belen dijo

    29 de Xaneiro del 2009 a las 9:29

    E non sería máis lóxico que as dúas candidaturas se fundisen en unha soa.

    A verdade, o de que aparezan máis papeletas que votantes, claramente impugana a votación, e non se pode ter como lexítima.

    Pero, polo que teño escoitado, no é a única iregularidade:

    – Comuneiros que todavía non foran ratificados pola asamblea se presentan en listas.

    – Máis de un comuneiro por vivenda en algún caso.

    – Máis papeletas que votos.

    Són demasiadas cousas extrañas, nada ocorre por casualidade, algo oscuro navega por debaixo.

    Son moitos os dimes e diretes sobre o Sr. Mijon.

  5. Bárbara Pereira dijo

    2 de Setembro del 2009 a las 21:13

    Efectivamente, celébranse eleccións democráticas (ou iso penséi eu -actual presidenta desta comunidade de montes que tanta polémica e ampollas está levantando-, pero presidenta POR MAIORIA DE VOTOS, e democraticamente e non a toda costa como algúns queren facer crer. Presenteime no seu día co meu equipo para evitar o desgoberno dos nosos montes e para aprender, sobre todo para aprender moito. No reconto de votos efectivamente aparecen irregularidades e para evitar profundizar neste tema bastaría unha palabra: “pucheirazo”, así que non nos podiamos quedar de mans cruzadas como algúns pretendían, non mentres seguise habendo comuneir@s que nos apoiaban e sobre todo tiñan plena confianza en nós como nova xunta rectora, porque somos iso, UNHA XUNTA RECTORA, un órgano de goberno que vai sobre todo a loitar para tentar unha unidade e o beneficio para/con noso monte.

Comentarios RSS