Mañá hai Pleno. Febreiro 2009

franciscanosCon todo  ruido producido polos debates relacionados co PXOM, cáseque pasa desapercibido que mañá e primeiro Xoves de mes e toca Pleno Municipal. Agardaremos con impaciencia á renovación de Radio BNG para poder comentar con máis calma e precisión os diferentes pareceres expresados no principal foro de debate da política municipal.

O que non nos resultaría extraño sería que un día destes nin Manolo Vilar nin o Partido Popular en pleno non asistisen porque o debate non resultase do seu interese. A diferencia co sucedido o pasado Sábado é que polos Plenos cobran e no periodo de crise en que vivimos tampouco hai que perder a ocasión de cobrar en debida forma.

Anticipándonos ao que sucederá no salón de plenos, vese claramente que o asunto das medallas vai traer cola e as verbas irán subindo de tono co paso dos segundos. Uns acusarán de anticlericalismo e outros falarán de senda ultradereitista. Ao final cadaquen se manterá na súa postura, aprobarase a proposta a través do procedemento “ao rodillo” e aquí paz e despois gloria.

Independentemente do que podamos pensar sobre si unhas monxas deben ser merecedoras ou non de recoñecemento, si poden ou non saltarse as normas por edicto divino (lembremos que as monxas de clausura de Baiona poden colocar carpintería metálica branca nun edificio catalogado e o resto dos mortais non), ou si teñen credibilidade á hora de defender os valores da familia cando o Vaticano non permite o matrimonio nin a descendencia aos seus membros namentres amparan a pederastia, gustaríanos reflexionar sobre o fenómeno das medallas.

Dun tempo a esta parte tense posto de moda o fenómeno das medallas como evento anual a organizar. En grandes urbes as medallas multiplícanse e nos pequenos tende á entrega dunha anual. Tampouco é éste un fenómeno exclusivamente municipal, xa que as medallas de Galicia xa teñen tamén a súa tradición.

Para máis retranca, os nomeamentos veñen acompañados de polémica, xa que os elexidos non son nunca do gusto de goberno e oposición, moito máis cando o que exerce a responsabilidade de goberno realiza á elección pensando máis es chinchar ao rival político que en recoñecer os méritos do ilustre condecorado.

O ano pasado xa vivimos a polémica coas medallas aos franquistas e, para continuar a tradición, este ano elíxese ás Irmás Franciscanas Hospitalarias da Inmaculada Concepción. Por non querer ferir as sensibilidades daqueles que se resisten a despoxarse de tradicións anacrónicas e anquilosadas nin tan siquera faremos mofa de tan “especial” nome. Cada quen que aguante a súa vela, nunca mellor dito, e saiba explicar ás particulares relacións que teñen coa Igrexa. Nestes días estamos a ver a difícil situación do agnóstico Presidente do Goberno de España, qué triste é cando un mito se derrumba, ¿non si?. Zapatero, ¿porqué nos fallaches tanto?

9 Comentarios

  1. AIXIÑA dijo

    4 de Febreiro del 2009 a las 22:09

    Pois si non teñen nada mais importante que falar das medallas valla tela…………..

    Na orde do dia tamen esta :
    APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA APROBACIÓN DOS PROXECTOS FINANCIADOS CON CARGO Ó FONDO DEESTATAL DE INVERSIÓN LOCAL.

    Aqui si que hay tela que cortar

  2. rafa lores dijo

    4 de Febreiro del 2009 a las 23:11

    Efectivamente o tema das medallas e algo xa recorrente en Baiona . Posiblemente non sexa o tema mais importante a tratar no pleno de maña, pero si que é preocupante a utilización partidista que esta a facer o goberno local con este tipo de actos.
    Como ben di BC non se debe institucionalizar a concesión de medallas de ouro tódolos anos. Tampouco debe ser un instrumento de confrontación política
    Aixiña, no tema do Fondo Estatal de Inversión Local mais que moita tela que cortar hai moita pedra que quitar. Saúde

  3. barrabí dijo

    5 de Febreiro del 2009 a las 0:31

    Hai moitas cousas interesantes no pleno de mañá e todas con moitos matices, aparte da medalla (que de seguro que as irmás franciscanas o merecen ainda que leva razón Rafa Lores cando fala de que estas medallas todolos anos se devaluan), non se pode pasar por alto o punto do Fondo Estatal de Inversión Local do Ministerio de Administracións Públicas, cos cartos sobre a mesa é unha mágoa que o Sr. Vázquez Almuíña preferise eses proxectos e non outros e noutras cousas onde fixesen máis falla, a parte boa, é que consigo estes proxectos traen empregos.

    E por último ver outra vez como o Sr. Alcalde, no punto último aproveita a maioría para pedir cousas a Xunta, neste caso ¿o mantenemento do colexio de Fontes?

    Saudos nocturnos.

  4. baionaconsciente dijo

    5 de Febreiro del 2009 a las 10:58

    O asunto do Fondo de Investimento Local xa trae e cola e xa flamos del en repetidas ocasións, adicándolle algunha anotación.

    Ao que nos referimos é que será onde máis se eleve o tono de voz, lamentablemente. Iso non quere decir que consideremos o tema como o máis importante.

  5. Robero dijo

    5 de Febreiro del 2009 a las 11:22

    Pois sinceramente para mín, o tema máis importante de todos os puntos a tratar no pleno de hoxe, sen lugar a dúbida é a Moción sobre o Colexio de Fontes.

    Isto semella un partido de tenis, no que están xogando un partido o Concello o a Delegación de Educación.

    Coido que chegou o momento, e temos pelota de partido. É preciso facer unha xuntanza a varias bandas, Dirección do Colexio, ANPA, Concello, e Educación, para poñer enriba da mesa todos os problemas deste colexio, repartirse as obrigas, e plasmar un plan de actuación.

    E sobre todo, deixarse de demagoxias electoralistas, que non levan a ningures.

  6. AIXIÑA dijo

    5 de Febreiro del 2009 a las 19:04

    Pois si,
    O do colexio tamen se falou adicándolle algunha anotación en BC e me parece un tema importantisimo.
    E da igual que pida os cartos a Xunta o a quen corresponda pero o que esta claro e que e urxente arreglalo.
    Por certo,
    A quen lle daria a medalla o PSOE ?
    E o BNG ?
    Penso que con a crisis que temos comprando as medallas por xunto conseguiranse mellores precios.
    De que pedras fala Rafa Lores que hay que quitar ?

  7. maria dijo

    5 de Febreiro del 2009 a las 23:16

    tamen o señor alcalde dixo que facia so 3 meses que se abia enterado das deficiencias da escola elogo señor alcalde canto tempo fai que save de que non ai policia local nas escola vosteve fai algo asi fan con todo tamen di a conselleira de educacion que e uha vergoña que o delegado de educacion non lle responda ..ten razon e .logo tamen por que non ve a quem no lle responde o seu partido a o cidadan de baiona non ver no ollo axeno se non o que tendes na casa que o pp nin fai todo ,ben nen fai todo mal e igual que todo tamen fai erros un saudo

  8. maria dijo

    5 de Febreiro del 2009 a las 23:38

    e logo se van moitas persoas a o concello por que non teñen que comer 1º por que non vaixan a suas pagas 2º por que suviron os impostos cando o señor xose enrique dixo no pleno que esperaran a que non era bo momento 3º por que o tecnico de empleo local esta collendo unha barbaridade de curriculos sin informar e cando se lle pregunta di que son pra el e 4º que fan en baiona como dixo o senor xose enrique pra apaliar un pouco o desempleo …non me vale que votedes culpa aos outros cando estegoverno local so fan griticar pero iso si solucions ….cales teñen

  9. maria dijo

    6 de Febreiro del 2009 a las 12:24

    tamen ten razon o señor loren co que esta caindo e con familias que conviven con 400 euros estan nas medallas e logo por que non deixan as medallas pra mais a diante e como di este governo que fai os seus deberes espero como cidadana que tamen o fagan almenos intentando buscar por moi pequena que sexa algo sobre o desemprego o psoe ten responsabilidades ..claro que si ..pero vostedes tamen al menos en baiona que so falan da ribada e de medallas e o demais ….que un saudo

Comentarios RSS