Multiplicación de iniciativas

progresion xeométricaHoxe  cáseque nos cae unha bágoa ao coñecer a nova de que nace un novo blogue no Val Miñor. Nunca pensabamos que aquel día no que naceu BC este proxecto acadase tan altas cotas de éxito como para que se multiplicase a iniciativa e como para que podamos ter en conta a posibilidade de deixar de funcionar sin que se desapareza un espacio de debate libre e sin ataduras.

Hoxe BC podería ben coller as maletas e marchar cara proxectos máis novidosos, emprendedores ou enriquecedores, pero algo nos impide facelo, quizáis a cantidade de comentarios que estamos a recibir últimamente ou porque o costume nos obriga a non quedarnos calados día a día.

Con todo, saudamos a Desde o Miñor, agardando tamén que Gondomar Ceive e mesmo Oia Ceive volten á actividade. Iso sí, ben se puido elixir outro deseño para o recén incorporado blogue, porque semella así semella ser un clon de BC. Xa son quince as webs ou blogues relacionados con Baiona ou nos nosos concellos veciños que temos relacionados na nosa sección de ligazóns e que visitamos habitualmente. Ánimo a todos e que Baiona e o Val Miñor sigan avanzando cara as cada vez maiores posibilidades que nos brindan as novas tecnoloxías.

Mañá comeza a campaña electoral das Autonómicas e pode que vivamos un rexurdir de webs algo abandonadas como reclamo publicitario, que desta vez o empeño non se quede nos quince días no que se pode pedir o voto e se perpetúe como medio de achegar as propostas políticas á cidadanía.

4 Comentarios

  1. AIXIÑA dijo

    12 de Febreiro del 2009 a las 20:14

    DAME MUITA PENA E TAMEN RABIA
    E UNA DEMOSTRACION MAIS DE QUE EN BAIONA NON HAY MANEIRA DE FACER NADA XUNTOS.

    NON HAY FORMA

  2. baionaconsciente dijo

    13 de Febreiro del 2009 a las 10:32

    Non tes que apenarte, AIXIÑA, múltiples opcións son aceptables. É gratificante saber que se fixo o traballo tan ben como para outros adopten a mesma iniciativa.

    Afortunadamente non se trata de elexir si un ou outro blogue, basta con visitalos todos. Os menos activos caerán no esquecemento, porque o traballo de mantemento dun blogue ou web non é precisamente un pasatempo que quite pouco tempo.

  3. barrabí dijo

    13 de Febreiro del 2009 a las 17:01

    Os habemos fieis a ler os blogues ainda que sexa xa en campaña electoral.

    Saudos, electorais

  4. tonio dijo

    15 de Febreiro del 2009 a las 15:09

    Esta cheo de bloges…esperamos que para ir na procura de votos vaiamos TODOS…

Comentarios RSS