Mañá hai pleno

plan eE non nos cansaremos de reclamar que se publice na web oficial do Concello. Máis cedo que tarde acabarán por atender esta reclamación, pero namentre teremos que enterarnos por amables comunicacións ao noso correo. Desta vez as fontes non estiveron ao loro, será polo periodo electoral no que estamos, pero amablemente o Barril do Náufrago sirve desta vez de voceiro para achegarnos a orde do día:

1. Aprobación, se procede, da adxudicación provisional do contrato da concesión administrativa de xestión do servizo público con execución de obras de reforma e conservación e posterior xestión do aparcadoiro soterrado da Palma.

2. Aprobación, se procede, do proxecto de pavimentación, reposición e supresión de barreiras arquitectónicas na rúa Elduayen, financiados con cargo ao Fondo Estatal de Inversión Local.

No primeiro punto da orde do día xa se van a quentar os ánimos, sobre todo se o sempre polémica Manolo Vilar volta a soltar aquela obscena afirmación de que si Baiona quería que a Palma fora nosa, pois xa é nosa con todas as da lei. O tempo quita e da razóns e os palmeiros poden presumir de que os acontecimentos derivaron no que se augurou. Agora toca pagar os erros doutros sin que chegase a haber consecuencias políticas pola neglixencia na concesión orixinal. Os baioneses deberiamos ter ben claro quen actuou de mala fe naquel conflicto e obrar en consecuencia cando nos volten a otorgar o poder de decidir aos nosos representantes na Corporación Municipal.

O segundo punto é a oportunidade de que o PSOE presuma de actuacións en pleno proceso electoral, oq ue non está claro é se iso vai a traerlles réditos políticos ou si ao final sucede coma sempre e o señor Almuiña obra con astucia e acada ese rédito para sí mesmo. Non estaría mal recordar que para o señor Núñez Feijoó e o seu equipo electoral isto simplifícase en “nos poñen a limpar cunetas como medida ante a crise”.

Despois de escoitar que o PP foi quen instaurou a Seguridade Social xa estamos curados de espanto. É o turno de que cada quen defenda os seus puntos de vista, pero debería aparcarse o partidismo autonómico para non desplazar o tema realmente importante, que é a defensa do benestar dos baioneses.

10 Comentarios

  1. AIXIÑA dijo

    18 de Febreiro del 2009 a las 21:38

    A Palma sempre foi nosa e como sigue sendo nosa non estara de mais arranchala un pouco para poder seguir drisfutando dela.

    Nin o PSOE,nin BNG. nin PP estan facendo nada en en Baiona.
    Estase facendo desde a Xunta e segun teño entendido non estan regalando nada.

  2. xocas dijo

    18 de Febreiro del 2009 a las 22:54

    AIXIÑA permiteme decirche que andas na pola.

  3. AIXIÑA dijo

    18 de Febreiro del 2009 a las 23:26

    Seguro,

    Neste mismo momento non sei que facer.

    Cos politicos que temos en Baiona quen non esta empolado e que e politico

    Fai un momento escapouseme un peido e tiña a meu fillo a o lado (cumpliu 18 anos fai un dias) e pregunteille en plan de coña

    Que foi eso ?

    E dillome : foches ti o a miña opinioon da politica.

  4. AIXIÑA dijo

    18 de Febreiro del 2009 a las 23:37

    COPIO E PEGO (COMO SEMPRE )
    Efectivamente, tanto o alcalde Sr Almuiña como o tenente de alcalde o Sr. Vilar,están a facer unha interpretación moi partidista e electoral dos datos do financiamento local
    O que non están a dicir é que o importe total do PIE, que como ben dí o BDN foi un acordo do 2004, ven determinado da seguinte maneira:
    • Un 75% en función do número de habitantes vixentes, ponderado por un coeficientes do 1,17 segundo estratos de poboación entre 5.001 – 20.000 habitantes
    • Un 12,5 % en función do esforzo fiscal medio de cada concello no exercicio de 2005 ponderado polo número de habitantes de cada concello. A estes efectos, en termos xerais, téñense en conta os Impostos Obrigatorios dos concellos (IBI, IAE e IVTM).
    • Un 12,5% en función do inverso da capacidade tributaria. A estes efectos, para medir a capacidade tributaria téñense en conta o IBI urbano en relación co número de habitantes do concello e o estrato poboacional no que se integren.
    En todo caso, a Participación tamén está en función da garantía de mínimos, dado que todos os concellos deben percibir como mínimo unha cantidade igual á resultante da liquidación da PIE do ano 2003…………

    QUEN REGALA ?

  5. AIXIÑA dijo

    19 de Febreiro del 2009 a las 22:30

    Cantos novos votantes hay pra estas eleccions con respeto a anteriores

    Esto e o que pensan

    http://www.youtube.com/watch?v=atqK3QuGdCI

  6. barrabí dijo

    20 de Febreiro del 2009 a las 2:02

    Mmmm, estou a morderme a lingua porque a post de hoxe non vai sobre as eleccións (ainda que o Alcalde voltase a recordarnos a todos a fin do mundo no pleno de hoxe). So un comentario (fora de post), a campaña polo que vexo debe ir ben, cando os cans ladran é porque a campaña vai ben.

    Saudos discretos.

  7. Diego dijo

    20 de Febreiro del 2009 a las 15:11

    Day 8: School

    Aixiña,

    E tódolos novos escoitan a SKA-P ¿? Haberá de todo, ¿non sí?

    Saúdos,

  8. AIXIÑA dijo

    20 de Febreiro del 2009 a las 20:45

    Diego,
    O problema non esta en escointar a SKF por que estes parece que o teñen claro.
    O problema aparece cando escoitamos a muitos politicos ( nos nos aclaramos nin novos nin maduros )

  9. AIXIÑA dijo

    20 de Febreiro del 2009 a las 21:57

    E os mayores ?

    Jueves, 19 de febrero. Excursión a Portugal. Importe: 15 euros”. El cartel, pegado desde hace días en la asociación de jubilados de Pi y Margall, la mayor de Vigo, no mencionaba a Anxo Quintana ni al BNG. Como el precio incluía transporte y comida, a la directiva del centro no le costó demasiado trabajo encontrar gente con que llenar seis autobuses. La sorpresa vino después, cuando a media mañana los autocares se detuvieron en Oia, a 20 kilómetros de la frontera, y sus ocupantes se encontraron repentinamente en el centro de un acto propagandístico del candidato del Bloque. El revuelo fue inmediato.

    ACOJONANTE

  10. Diego dijo

    21 de Febreiro del 2009 a las 10:17

    Day 9: Playground

    Aixiña,

    Hai os maiores!!… E para os menores que a política dilles “nin fu nin fa” que nos poidan ler o que lles digo é: “tú pasas de la política pero la política no pasa de tí” (cita histórica de profesor de instituto)

    Saúdos,

Comentarios RSS