Eleccións comunais, á segunda vai a vencida

baiñaEsta fin de semana voltaron a celebrarse as elección á xunta directiva da comunidade de montes de Baiña, logo dun proceso xudicial que deu a razón á nova directiva agora elexida. Ao redor deste proceso déronse moitas voltas, pero a fin e ao cabo un xuiz recoñeceu as irregularidades do primeiro proceso e mandou repetilo.

Nadie poderá agora deslexitimar aos membros elexidos nun proceso que non tivo pega algunha, por fin. Os membros da controvertida xunta directiva sainte, sobre todo o seu presidente, Antonio Mijón, deixaron as súas responsabilidades logo dun periodo non ausente precisamente de decisións polémicas que nada gustaron en Baiona, sobre todo no caso dos recheos en zonas paisaxísticamente sensibles e ante a pasividade do Concello de Baiona.

Tócalle á nova xunta directiva rectificar e normalizar a relacións da comunidade de montes cos veciños e comuneiros. Os beneficios obtidos da rendabilidade do montes deben revertir na posta en valor dos bens comunais en particular e a parroquia en xeral.

Non estaría mal tampouco que as comunidades de montes de Baiona se unisen nunha federación municipal que defendese os intereses comunes ou, polo menos, integrarse na mancomunidade de montes do Val Miñor. A verdade é que esta mancomunidade ten feito importantes actuacións no Val Miñor e si a alguien hai que copiar é a quen está a facer as cousas no camiño correcto. As comunidades de montes deben esquecerse dese concepto patrimonial que atribue aos comuneiros a capacidade de facer o que lles pete coa rendabilidade forestal. Non estaría de máis tampouco que os criterios de sostibilidade e respeto escrupuloso polo medio ambiente fosen bandeira das actuacións futuras.

A irrupción dunha presidenta comeza a ser unha costume habitual, xa que en Baredo tamén ese cargo está ostentado por unha muller. Alá trátase dunha concelleira do Goberno Municipal, acó estamos a falar dunha muller presente nas listas electorais polo BNG. Ámbolos dous casos deberían apostar pola independencia partidista, o tempo dirá se os partidos políticos se resisten á tentación de manipular aos colectivos comunais no seu favor, sería unha agradable nova para todos.

1 Comentario

  1. Bárbara Pereira Meneses dijo

    2 de Setembro del 2009 a las 21:41

    Sí, “no seu día” na lista dun partido político como o BNG, non errades. Hoxe, e para ser máis exactos moito antes da miña presentación como presidenta á comunidade de montes (e esta xa é outra historia) de Bahíña simplemente Bárbara Pereira. Pero, ¿que pasa con ser muller, xove e defender ou estar dacordo con “algunhas” das ideas dun partido político?, ¿está reñido o defender certas ideas con presidir unha comunidade democrática como é unha comunidade de montes?.

Comentarios RSS