Alternancia

urnaO pobo foi sabio e decidiu pola alternancia no poder. Resulta paradóxico que en Galicia a alternancia se entenda por un breve periodo de goberno de esquerdas para suceder a ún prolongado de dereitas. O normal, xa que logo, sería ter a Alberto Núñez Feijoó de Presidente ata a súa xubilación. Galicia is diferent.

PSOE e BNG deberían tomar cumprida nota das mensaxes enviadas polo electorado, a saber:

– Os líderes políticos de ambas formacións deben ceder o seu posto a outras alternativas. Emilio Pérez Touriño nun se percibiu como o Presidente da Xunta. A sombra alongada do Don Manuel era moi pesada e o seu Vicepresidente comeulle o terreo en infinidade de ocasións. Anxo Quintana tentou transformar ao BNG no que nunca foi e o seu electorado máis fiel actuou en consecuencia abandonando a confianza na fronte nacionalista. Hai quen pedirá a volta de Xosé Manoel Beiras, o que está seguro é que cómpre que analicen debidamente cara onde queren, definirse e ser fieis ao seu electorado, deixando de lado querer parecerse aos demáis por si se araña algún voto. O BNG foi alternativa de goberno cando creou a ilusión por unha Galicia diferente. Nadie quería máis do mesmo de en mans doutras persoas e isto non se soubo comprender no PSOE e no BNG.

– A campaña sucia beneficiou ao PP. Podería entenderse, xa que logo, que PSOE e BNG deberían caer no xogo e contratar a paparazzis para sacar situacións comprometidas dos candidatos, mentir ou destapar casos sobre gastos desmesurados con cartos públicos, ou mesmo gritar aos catro ventos as tendencias sexuais de reputados membros do PP. Engánanse, os receptores deste azuze están na dereita e a esquerda popular miraría con noxo aos partidos que o fixeran.

– O votante do PSOE e do BNG é moito máis crítico que o do PP. SI se destapa un caso de corrupción no PP, o seu votante o xustifica e fala de manipulación. Si o caso é ao contrario, ese mismo votante clama ao ceo pola desvergonza dos políticos e o votante tradicional de esquerdas opta polo voto en branco ou simplemente opta por quedarse na casa.

– A crise económica agudiza o intelecto. Xa que logo, colocar un novo logotipo aos créditos ICO para entregarlle o poder de decisión aos bancos non se percibe precisamente como unha boa medida antricrise. O PSOE cometeu a torpeza de traer a ZP a decir que votar a Touriño é votarlle a él. Nadie ve xa a ZP como o salvador de España, máis ben todo o contrario.

– A cuarta elección do electorado galego foi o voto en branco, con máis de 27.000 sufraxios. Quen teña a certeza de ónde sairon eses descontentos será o que teña máis marxe de maniobra para rectificar no futuro. A cuestión é averiguar tan importante dato.

Non hai volta atrás, cómpren moitos análises e deixamos a porta aberta aos Conscientes Baioneses para que deixan a súa reflexión. Mañá abordaremos as consecuencias que isto traerá para Baiona, pero deixémolo para cando os ánimos estean máis calmos

32 Comentarios

  1. domato dijo

    2 de Marzo del 2009 a las 11:46

    triste pero certo

  2. Diego dijo

    2 de Marzo del 2009 a las 12:22

    Ayer no pude escribir:

    Day 17: Accident?

    Saludos,

  3. Manda Baiona dijo

    2 de Marzo del 2009 a las 14:29

    A verdade e que é triste. Teño unha mezcla de pena e medo pola Galicia que se nos ven enrriba.
    Vai resultar que todo o problema é que a gardería da miña filla se chame Galescola ou que os rapaces falen de río Tello (inda que non sepan ónde está, “que le llamen Tajo”. Qué triste.
    O millor estou equivocada e iste é un remedio maravilloso para acabar coa crise pero…
    Meu Deus, porqué non somos un pouco máis críticos nas cousas importante e nos quedamos na superficie??
    Espero estar hoxe máis negativa do habitual pero coido que nos espera unha nova edición dos séculos escuros.

    ¡¡¡ manda baiona !!!

  4. baionaconsciente dijo

    2 de Marzo del 2009 a las 18:49

    Toca autocrítica na esquerda e dar un voto de confianza a Nuñez Feijoó.

    Un xesto que honra a Touriño é a súa dimisión. O seguinte será Anxo Quintana?

  5. xocas dijo

    2 de Marzo del 2009 a las 20:35

    Dimitir e deixalo todo e o mais facil,o intelixente e analizar, debatir e buscar unha solución aos erros cometidos.De calquer xeito,esta claro que os/as baioneses/as conformanse con pouco.

  6. AIXIÑA dijo

    2 de Marzo del 2009 a las 22:49

    Pois a min non me parece que a solucion sea demitir y muito menos que honre a nadie facelo o dia siguente.
    O de salir correndo tamen pasou en Baiona e asi estamos.

  7. baionaconsciente dijo

    2 de Marzo del 2009 a las 23:00

    Cando alguén fai unha aporta persoal e o seu proxecto fracasa, o máis honroso é deixar paso ás alternativas presentes no seu partido.

    Emilio Pérez Touriño silenciou aos sectores críticos, non falemos xa do trato de Anxo Quintana a Xosé Manoel Beiras e o xeito tradicional de entender a política dos sectores apartados.

    Si Núñez Feijoó tivese perdido as eleccións, os sectores acalados no PP reclamarían tamén a súa oportunidade.

    Cómpre reflexionar para afrontar unha renovación da esquerda e presentar novos proxectos ilusionantes e alternativos. As mesmas caras xa non poden liderar isto. Amarrarse ao cargo logo de tamaño fracaso sería un suicidio político.

    Emilio Pérez Touriño non soubo tirar proveito da Presidencia e Anxo Quintana non se deu achegado nin de lonxe ao teito nacionalista. Ou hai renovación en PSOE e BNG ou debe nacer unha nova alternativa. As Europeas están á volta da esquina e non sería adecuado un panorama de incertidume.

  8. xocas dijo

    3 de Marzo del 2009 a las 0:13

    Quintana non fixo aposta politica ningunha, quen a fixo foi a organización, e polo tanto debe ser a propia organización quen resolva. Deveran rodar cabezas, pero deverán de ser as de quen corresponda.

  9. buxo blanco dijo

    3 de Marzo del 2009 a las 9:38

    A chapa que daba o PSOE CON O LEMA “QUEREDES QUE VOLVAN?”soaba a premonicion,ou e que xa sabian o que ia a pasar pola mala xestion feita,POIS AI OS TEDES,ESPEREMOS QUE POR POUCO TEMPO,PERO VISTO LO VISTO COMA NUN ESPABILEN O TEREMOS ATE A XUBILACION COMA ALGUN CASO PARECIDO,UN SAUDO

  10. AIXIÑA dijo

    3 de Marzo del 2009 a las 21:14

    Non foron Touriño nin Quintana os que perderon.

    Perderon o PSOE mais o BNG e non podemos salir todos a correr e tirar a toalla.

    Dice BC,
    O votante do PSOE e do BNG é moito máis crítico que o do PP.
    0 votante tradicional de esquerdas opta polo voto en branco ou simplemente opta por quedarse na casa.

    E digo eu,
    Incluso pode optar por votar a o PP

    AI DE TODO

    VOLVEREMOS A EMPEZAR

    NO ?

  11. AIXIÑA dijo

    3 de Marzo del 2009 a las 21:17

    Por certo,
    Manda carallo con eso de ” O PRESIDENTE QUE NOS UNE “

  12. Manda Baiona dijo

    3 de Marzo del 2009 a las 22:20

    Tes razón Aixiña, ó millor pasámonos de críticos e foisenos a mao co castigo.
    Agora o castigo “de todos” vainos tocar unha longa, longa temporada e inda por riba, subiditos.

    ¡¡¡ Manda Baiona !!!

  13. Lobo Larsen dijo

    4 de Marzo del 2009 a las 14:17

    Eu destacaria tres razons importantes nesta derrota electoral , a primeira e a de maior condicionante foi a crise economica na que andamos sumerxidos , ninguen entendeu esta liberalidade nos altos estamentos financieiros e economicos , asociandollo mais a politicas progresistas de ezquerdas. Tamen esta costa de eneiro pasado a sido muy empinada para moitas familias que nos ultimos tempos han visto progresivamente a merma do seu poder adquisitivo e a economia familiar mais precaria , isto foi creando certo pesimismo que o goberno non foi capaz de cambiar.
    De segundo decir o lonxe que ha estado o bipartito na xunta de facer unha politica progresista de ezquerdas , apenas notouse o cambio de alternancia despois de tanto tempo ca dereita no poder , sen deixar de suliñar as lagoas de carisma politico no equipo de goberno. O presidente Touriño era o unico mástil deste proxecto.
    E por ultimo a mala campaña electoral que se fixo , donde habera que engadir un mea culpa , pois foi moi pouco axeitada e falta de discurso.

  14. Diego dijo

    4 de Marzo del 2009 a las 14:40

    Lobo Larsen,

    ¿Mea culpa?

    Saludos,

  15. Pepe dijo

    4 de Marzo del 2009 a las 16:01

    ¡Joder, Diego! ¿Seguimos? ¿Y tú más? ¿Ya lo decía yo? ¿A mi me lo vas a decir? Pues nada, sigamos. Arrepiéntete Lobo Larsen, arrepiéntase Touriño, arrepintámonos todos porque no se ha hecho la campaña electoral que había que hacer. ¿Un cilicio? ¿Ceniza? ¿Ahora viene la revancha? ¿El cuchillo se afila? No digas tonterías. Se supone que en abril habrá un congreso en el que se pasará revista a todo lo pasado y se elegirá un nuevo secretario general. Es el procedimiento establecido, y me limito a esperar que las decisiones que se tomen sean las mejores. Y para ello lo que hace falta es un poco de interés por las cosas sustantivas. Un abrazo

  16. Rafa Estévez dijo

    4 de Marzo del 2009 a las 16:20

    Lobo:
    Respetando a tuas razóns desta contundente derrota,
    estou completamente dacordo contigo en:
    “lonxe que ha estado o bipartito na xunta de facer unha politica progresista de ezquerdas”
    e
    “mala campaña electoral que se fixo , donde habera que engadir un mea culpa , pois foi moi pouco axeitada e falta de discurso”

    Coas outras non estou dacordo en absoluto, son desculpas non razóns.

    Nembargentes as túas opinións te honran.

    Estamos ante a oportunidade da reflexión. do cambio, e da responsabilidade política de cada un, dende Touriño ata o último responsable de cada agrupación. Os militantes debemos exixirlo. Sobre o discurso, en Baiona só houbo un mitin na rúa e o contido do discurso foi o que foi.

  17. Lobo Larsen dijo

    4 de Marzo del 2009 a las 18:05

    Pepe , dacordo que en Abril habera un congreso donde se pasara revista a todo lo sucedido y se eligira un nuevo secretario. Pero hasta que Abril y sus aguas mil hagan efecto , bien podemos preguntarnos el motivo de la perdida de tantos votos en unas elecciones con mayor participacion.
    Tambien considero que una vez pasado el espacio electoral e indiferente del resultado , llega el espacio para el analisis y la autocritica.

    Compañeiro Rafa comparto a tua reflexion , ainda que seguirei tendo a opinion de que a crise economica ha sido determinante nestes comicios.

    Saudos

  18. Eu son xose manoel beiras dijo

    4 de Marzo del 2009 a las 18:15

    Volve Beiras!!! Ainda queda esperanza no noso país. E moitos voltaremos a crer nunha transformación do noso país:

    http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009030400_4_302714__GALICIA-Beiras-demanda-dimision-toda-direccion-ejecutiva

  19. Rafa Estévez dijo

    4 de Marzo del 2009 a las 19:09

    Lobo, eu non creo que un votante de esquerdas castigue a un Goberno de esquerdas pola crise económica, e ademáis confíe nun partido de dereitas baseado no abaratamento do despido e na economía salvaxe liberal. O garante das coberturas sociais é un goberno progresista.
    Ademáis o mesmo día houbo eleccións en Euskadi, o Presidente do governo vasco mellorou os seus resultados espectacularmente dende a súa acción de goberno, e o compañeiro do Psoe Patxi López, dende a oposición tivo un resultado magnífico.
    Por eso te digo, con humildade, o de que son disculpas e nón razóns.

  20. AIXIÑA dijo

    4 de Marzo del 2009 a las 19:50

    O feito feito esta.
    O primeiro que hay que arreglar e Baiona pois
    e o que temos mais a man.

    Non ?
    Por certo,
    Menuda cajada de bancos os de Elduayen¡¡¡¡¡¡¡¡

  21. Pepe dijo

    4 de Marzo del 2009 a las 19:51

    Claro que cabe la reflexión sobre lo que pasó, pero la reflexión tiene que pasar por algo distinto del mea culpa (dolor de contrición, propósito de la enmienda, decir los pecados al confesor y cumplir la penitencia, ¿no era así?). Valga como ejemplo una primera reflexión que hago inmediatamente sobre la campaña presidencialista que se hizo, que me recuerda el mismo planteamiento de otras campañas, alguna próxima y con el mismo resultado. En el caso de Touriño, con el agravante de la paradoja de su falta evidente de carisma. Sin embargo, tanto en uno como en otro caso nadie discutió ese planteamiento porque, en definitiva, son decisiones que se toman en los niveles que corresponden, de modo que a los simples mortales nos queda sólo esperar que todo funcione bien y los estrategas (¿se dice asÍ?) hayan acertado. En los dos casos citados directa o tácitamente, los responsables asumieron su responsabilidad y dimitieron. Parece que debería reflexionarse, por ejemplo, sobre eso. Pero no creo que lo que corresponda ahora sea que quienes no tuvieron la responsabilidad de las decisiones tengan que entonar un mea culpa por pecados que, en lo sustancial, no cometieron ellos. Sí que cabe, en cambio, dirigir la reflexión hacia el futuro y pensar en qué condiciones se va a desarrollar el Congreso en que se elegirá al nuevo Secretario General de los socialistas. ¿Se tratará de buscar a un Secretario General o se tratará de buscar a un Presidente? Todo me lleva a desear que se haya aprendido la lección, pero nada me lleva a sentirme culpable de nada. Lo siento.

  22. Lobo Larsen dijo

    4 de Marzo del 2009 a las 20:00

    Rafa , leendo o teu comentario mais a referencia das eleccions vascas , pode ser que a crise non fora tan determinante como pensei no seu momento.
    O caso e que, no escrutinio local de Baiona , o incremento de 573 votos por parte do pp pareceume lonxe da realidade con a que estaba caindo.
    Pois a perda de votos do psoe que non foron tantos , o do bloque , ven poideron caer hacia UPyD o EU-IU.

    Ainda que a tua opinion pareceme moi acertada , e é buscar disculpas e non razóns.

    Un saúdo

  23. Lobo Larsen dijo

    4 de Marzo del 2009 a las 20:36

    De acuerdo Pepe , entiendo tu postura , asi debe ser , cada uno debera ser fiel a su criterio. Asi como la decision de Touriño fue de dimitir , lo cual aunque me parece necesario , le honra.
    Aunque el mea-culpa fue desacertada expresion , decirte que fue un tanto metaforico y no buscaba un flagelo publico en la plaza del concello.

    Creo que en la asamblea saldra ambos en uno.
    Saudos Pepe

  24. Eu son xose manoel beiras dijo

    4 de Marzo del 2009 a las 22:18

    Pensar que alguén do BNG acabaría votando a UPyD é de tolos.

    As bestias que crea o PSOE que as coma o PSOE. Ben que convidaban a Rosa Díez á cea no Rocamar. Os votos do BNG perdidos están no voto en branco.

  25. Diego dijo

    4 de Marzo del 2009 a las 22:29

    Yo, en lo referente a Baiona, espero poder dar mi valoración sobre la campaña y resultados en la asamblea.

    En cuanto a la situación del partido en Galicia, la dimisión de Touriño es un paso imprescindible para comenzar una etapa nueva pero no suficiente.

    Saludos para tod@s,

  26. Lobo Larsen dijo

    4 de Marzo del 2009 a las 23:10

    Cos nacionalistas hemos topado , os do voto casto e puro.
    A mitad dos votos en branco xa estan abxudicados , e xa non salen tanto as contas.
    Por certo ti non eras Anxo Quintana.

  27. eu son xose manoel beiras dijo

    4 de Marzo del 2009 a las 23:44

    Reitero o dito, atribuir unha migración de votos do BNG a UPyD é non ter criterio algún para o análise político. Eu sempre fun Beiras, si alguén quere ser Anxo Quintana, que o sexa. Polo menos no BNG non crean blogs oscuros para criticar aos seus.

  28. Lobo Larsen dijo

    5 de Marzo del 2009 a las 0:39

    Eu reitero a miña disculpa sr. Beiras.
    O blog e do cor que ti ñe queiras ver , e pra min ten menos criterio entrar no post como aludido en non coma opinante , pois errei ao incluir ao bng na analise da falla de votos no municipio nestas pasadas eleccions , xa que tamén saliu perxudicado.
    Xa ves , as veces sinto mais afinidade do bng que doutros partidos e pequei na hora de buscar “posibles” , pero xa que te vexo tan reiterativo , recoñezco o meu erro a hora de especular co voto do bng e digo que un nacionalista xamas cenaria con Rosa Diez , e por min xanzado esta ante de que BC me chame ao orde.
    Por outra banda , deberias moderar o uso da palabra ” Tolo-s ” considerando que te chamas Beiras.

  29. Thaxo dijo

    6 de Marzo del 2009 a las 16:20

    Non sei porqué vos emprerrades na perda de votos do BNG, sóamente perdeu 14 votos, algo insignificante. (recordade que nas anteirores municpais o BNG obtivo 1104 o PSOE 2087 e o PP 2999, e non outros datos que apareceron publicados). É máis, o BNG tivo un resultado de máis de 100 votos en Belesar, algo que non viña ocorrendo dende fai moitos anos. E aumentou en 41 votos en Sabarís. Así como tamén aumentou en Baredo (Previsiblemente grazas a labor feita co Plan Xeral)

    Ademáis son as únicas eleccións nas que en Baiona o BNG é capaz de pasar a barreira dos 700 e pouco votos das Municipais, e Xerais, …

    Por outra banda, o PP subiu con referencia as anteriores autonómicas, sin embargo baixou (41) con respecto as últimas eleccións Xerais. E andan preto do resutlado das Municipais suma de PP e CM. (Tocarían teito?)

    O problema nestas eleccións dende o meu punto de vista, non foi a subida de votos do PP, foi a falta de votos do PSOE e BNG e a gran cantidade de votos en Branco. (Voto de castigo o Bipartito).

  30. Lobo Larsen dijo

    7 de Marzo del 2009 a las 23:45

    Totalmente dacordo Thaxo.
    Comparto a tua opinion a falla de votos do psoe e a gran cantidade de voto en branco.
    Respecto ao pp teño as miñas dubedas , ainda que fixeches un bó balance de votos.

  31. Lobo Larsen dijo

    7 de Marzo del 2009 a las 23:46

    Mellor co meu…

  32. AIXIÑA dijo

    10 de Marzo del 2009 a las 20:27

Comentarios RSS