Levaba maria moito tempo demandando a nosa atención sobre a seguridade ao redor dos colexios e xa vai sendo hora de elevar esta preocupación a categoría de problema municipal de recoñecida importancia. Porque non lle falta razón á nosa Consciente Baionesa máis activa, á que varias veces temos pensado que será unha digna sucesora do noso traballo. (máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 20:15
E aproveitando que o Plan Sectorial pasaba polo Val Miñor, o PSOE baionés aproveitou a ocasión para sacar de novo o tema da parcela dos Tendais. I é que a cousa xa trae cola e está a rozar o esperpento. Si unha cousa temos clara é que si o goberno baionés estivese en mans da coalición PSOE-BNG e se negasen a soltar unha parcela para vivenda protexida por non se sabe moi ben qué razóns e co que está caer coa crise e o estoupido da burbulla inmobiliaria, Baiona estaría hoxe mesmo alzada en armas contra o Goberno Municipal, habería manifestacións todas as fins de semana na Praza do Concello e non se pararía ata que se desatascase a situación. (máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 8:47
posted by baionaconsciente at 9:18
Coa Consellería de Medio Ambiente como eixo do "conflicto cos ecoloxistas" tense orixinado unha forte tensión entre éste últimos e o Conselleiro "Patxi" Vázquez. Resulta paradóxico que por unha vez que unha Consellería está a mudar considerablemente a perspectiva que ata o de agora se tiña da Administración Autonómica con respecto ao tratamento do Medio Ambiente os grupos ecoloxistas mostren a súa cara máis belixerante. Pode xurdir este desencanto das altas expectativas xeradas polo bipartito. (máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 10:58
E non o decimos porque os temas a debatir se tratasen con claridade, senón porque os baioneses nunca o poder ver, xa que non se anuncia nin se explicarn de antemán os puntos que se tratarán. Novamente teremos que traballar cos Conscientes Baioneses e as migallas que solte a prensa para esclarecer o que alí sucedeu. Dentro de dous meses, iso sí, teremos a información íntegra na súa correspondiente acta. (máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 19:54
¿Porqué será que sempre que se fala de urbanismo ten que vir, xustificadamente ou non, un cheiriño a podre?, ¿cándo rematará este vicio?
Na anotación do Martes alguén lanzou unha grave acusación contra Carlos de la Peña que convendría aclarar ou retirar, segundo o caso. Acusouse de que o ex-alcalde de Baiona intermediou no acordo entre promotores e a Xunta para que fincas destes primeiros entrasen no Plan Sectorial. (máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 20:02
E non podiamos deixar pasar a fin de semana sin reflexionar sobre a entrevista a páxina completa que o Faro de Vigo fixo ao noso Alcalde, Don Jesús Vázquez Almuiña. Se fósemos mal pensados diriamos que máis que entrevista era un publi-reportaxe. Como somos bien intencionados supomos que se trata do inicio dunha xeira de entrevistas con políticos baioneses para coñecer polo miudo as súas inquietudes e actuacións no noso concello. Si non se tratase de ningunha das alternativas anteriores estariamos a falar dun mal exercicio da actividade periodística. (máis...)
chúzame -
posted by baionaconsciente at 21:40