Candidaturas – Municipais 2011

A tradición baionesa de presentar candidaturas independentes tocou ao seu fin. O rodillo mediático e os maletíns pontevedreses imposibilitaron que voces discordantes manchasen os cálculos electorais. No 2011 os baioneses só temos sete opcións (fronte ás 10 e 11 de Gondomar e Nigrán) á hora de decantar o noso parecer coa política municipal: Continua leyendo »

Crise a todos os niveis

Onte non foi precisamente un bo día para falar de optimismo. A cifra de parados xa pasou de ser alarmante a crítica. Recordemos aquelas aseveracións do futuro expresidente do Governo nas que afirmaba que nunca se chegarían aos catro millóns de parados. Aquel eslogan que mencionaba o pleno emprego sona xa a chiste.

En Baiona algo nos toca desa situaciòn ao borde do colapso. O Concello de Baiona busca obter fondos mediante a presentación de dous concursos e nadie opta a eles. Outrora estariamos falando de enchufismos, repartos a dedo e cazos, foran ou non verdade as acusacións.O feito é que hoxe nadie quere mover un dedo ata que caia quen ten que caer e outros tomen as riendas da governanza. Falamos de Madrid pero tamén afecta ao noso Concello. Continua leyendo »

O BNG preséntase por todo o alto

xm beiras

Non é para menos. Xosé Manuel Beiras apoiará a Xosé Enrique Fernández na súa posta de longo para as Municipais. Hai quen dirá que traer a unha vella gloria non é nada, pero de seguro que a Isabel Domínguez lle encantaría que estivese presente Felipe González (cómo se terán arrepentido no PSOE baionés de ter convidado no seu día a Rosa Díez), non digamos xa si cando se presentase Almuiña viñera a Baiona Don Manuel ou o semidios do bigote escueto e coa muller que se vai peitear en coche oficial. Continua leyendo »

Arrinca o BNG

BNG

O BNG tamén se pón serio e comeza a precampaña coa presentación nas redes sociais do seu candidato. Nótanse as ganas de querer unha alternativa totalmente diferenciada do habitual “carne ou peixe”, ainda que quizáis esa oportunidade xa lles pasou hai oito anos e xa sabemos qué nos están a ofrecer. Continua leyendo »

Trinta anos son moito

23F

23F

Mañá cúmprense 30 anos do día que nos quitou o sono a todos, o día no que moitos prepararon as maletas por si había que tirar para Portugal, o día no que os trasnoitados déronse de bruces coa realidade do sentir popular. Aquel día aprendimos que os poucos non podían impoñerse aos moitos. Continua leyendo »

Que ben, hoxe votamos con Isabel

psoe

Como se soe decir, a causa xa vai a fume de carozo. O PSOE baionés adiántase a todos presentando as caras que formarán parte da súa candidatura. Non existen grandes sorpresas, toda vez que sabiamos que o grupo municipal socialista ía desaparecer na súa totalidade. Continua leyendo »

Política de baixa intensidade

UPYD

O pistoletazo inicial xa sonou. UPyD comezou a campaña antes incluso de presentar aos seus abanderados. Todos sabemos quén encabezará a lista e o porqué de presentar lista en tan anecdótico partido político. Continua leyendo »