Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

mércores, decembro 10, 2008

Alabado sexa o señor

Partindo que sempre manifestamos o noso ateismo/agnosticismo e sentando as bases de que unha pioderma gangrenosa non é para andarse con coñas, non podemos deixar de cuestionar as afirmacións hoxe publicadas na prensa seria. Respetamos as crenzas e ideoloxías relixiosas no mesmo grao que desexaríamos que eses crentes respetasen a opción ideolóxica do ateismo e o agnosticismo, pero iso non nos levará a deixar de cuestionar fábulas de nenos e contos para meter medo. (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 22:05  

martes, decembro 9, 2008

Encrucillada

Logo dun merecido descanso na pasada ponte da Constitución, voltamos coa mente despexada e incluso cunha visión diferente de cómo é Baiona para os nosos ollos. Pode que a fraga nos impida ver as árbores e a perspectiva sempre axuda a recuperar a obxectividade e a analizar os feitos desde un punto de vista moito máis claro e mesmo sosegado. (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 21:25  

domingo, decembro 7, 2008

Un novo xornal está a chegar…

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 9:17  

xoves, decembro 4, 2008

Que aprendan, que aprendan

Pois manda truco que veñan os chinos a aprender o modelo de xestión política a Baiona. Todos sabemos que está a man de Xulio Ríos neste detalle, pero somentes agardamos que Deng Yingjie non estea o suficiente tempo en Baiona como para chegar a tomar nota das actuacións dos nosos políticos. (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 21:21  

mércores, decembro 3, 2008

Festa da Zapata

E como Baiona non saía moito no Telexornal da Galega, pois vamos nós e apuntámonos á moda das festas gastronómicas. Unha vez máis a rapazada que xoga ao fútbol no parque da Palma deben ver sacrificada a súa afición deportiva en aras do bo enchemento do bandullo, preferiblemente o do xeneroso turista que nos visita e fai caixa. (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 21:30  

martes, decembro 2, 2008

A principal preocupación da maioría

Levamos días dándolle voltas a temas relacionados co urbanismo, como si ainda estivesemos inmersos naquel antiguo soño chamado o boom inmobiliario e que resultou ser nada máis e nada menos que o que a maioría pensaba pero que non se atrevía a decir por medo ao ridículo: unha burbulla que acabaría por estoupar. Pero resulta que o problema que máis preocupa á cidadanía non é outro que o paro, ese problema que en épocas de goberno da dereita se esvaeceu coma o sucre no café pero que volta co goberno socialista. (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 21:53  

luns, decembro 1, 2008

Sabarís e a súa humanización

Esta fin de semana tocoulle a Viqueira divagar un pouco sobre a humanización de Sabarís e as consecuencias de tan pomposa actuación. E non lle falta razón sobre que hai varios aspectos que deberían xerar debate. Pensamos que igual non era oa idea falar do asunto, xa que na última ocasión se empregaron as nosas reflexións como armas arroxadizas no fangoso mundo da política municipal, (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 18:28  
« Previous PageNext Page »

Xestionado con WordPress