Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

Martes, Outubro 28, 2008

Día da Lura

Xa había días que do Concello de Baiona non saía ningunha nova interesante e sen tempo non era, a piques estivemos de pensar que non había Goberno Municipal ou que polo menos se foran de vacacións. Pero estabamos enganados, oq ue pasaba era que estaban a darlle voltas á cabeza en busca do Santo Grial: a desestacionalización do turismo. (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 20:16  

Luns, Outubro 27, 2008

¿Proximidade dos cercanías?

A mediados deste mes, na sección de Veciños e non tan veciños dos Sábados, comentabamos o feito de que Renfe considerase inviables os Cercanías en Galicia pola falta de demanda. Si algo temos claro é que a solución a múltiples problemas que temos que afrontar hoxe en día poderían ter solución ou polo menos contribuiría á disminución do seus efectos si tivesemos unha rede de transporte pública a través dos camiños de ferro. (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 19:59  

Domingo, Outubro 26, 2008

Alternativas a productos de limpeza tóxicos

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 10:41  

Venres, Outubro 24, 2008

Lenta burocracia e rápidas ferramentas

Efectivamente, como ben dixo no día de onte algún dos nosos ilustres Conscientes Baioneses, a última acta do Pleno Municipal publicada na web do Concello é do pasado Maio. Dín que as cousas de palacio van despacio, mais si a acta do Pleno anterior lese no seguinte, o normal sería que a mesma sufrise como muito un retraso de dous meses (un mes ata a ratificanción en Pleno e outro para engadir as modificacións solicitadas, sendo xenerosos). O procedemento desde o remate definitivo da mesma ata a súa publicación na web non debería ser moi longo, ¿ou non ten ADSL o Concello? (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 12:32  

Xoves, Outubro 23, 2008

BC máis viva que nunca

53 comentarios ao proceso de elección da nova executiva do PSOE baionés lévanos a dúas conclusións: O PSOE de Baiona está moi vivo e fomenta o debate público e Baiona Consciente está a cumprir o seu obxectivo de ser un medio de expresión das distintas sensibilidades que se moven na política baionesa.

Pola parte que nos toca, non podemos máis que agradecer a participación cada vez máis activa dos Conscientes Baioneses (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 20:34  

Mércores, Outubro 22, 2008

Recuperar a memoria tamén é cousa do Val Miñor

Durante moitos anos se viviu a longa noite de pedra no Val Miñor. Logo chegou a imposta cortina de fume que tamén nos impediu falar do que pasara cos noso antergos. Hoxe debemos afrontar sen medo a época da clara verdade, aquela na que poderemos falar sinceramente de cómo uns veciños mataron aos outros polo simple feito de pensar diferente. (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 10:57  

Martes, Outubro 21, 2008

Sanas conclusións

Unha vez pasada a resaca da elección de nova executiva local do PSOE baionés, podemos tirar interesantes conclusións do proceso de debate e votación no seu da familia socialista.

A primeira conclusión que nos chama poderosamente a atención é a falta de atención dos medios de prensa a este suceso. Pode pensarse nun primeiro momento que somentes se trata dun mero trámite burocrático no seo dun partido político, (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 8:36  
« Previous PageNext Page »

Xestionado con WordPress