Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

venres, novembro 21, 2008

A previsión non é mala cousa

E semella que o señor Vilar está a tomar conciencia medio ambiental. Non está mal, tendo en conta que é o concelleiro de Medio Ambiente. Toda esta preocupación non pode máis que deixarnos a mosca detrás da orella, será que somos uns malpensados e maliciosos. Deberiamos de aprender doutros e ter confianza na xente de en que nos goberna. Por outra banda, de todos é ben coñecido que o departamento de medio ambiente é de maior número de traballadores de todo o Concello e o que da traballo non só ten o poder, senón que ten os medios para efectivizar as súas actividades. (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 21:04  

xoves, novembro 20, 2008

Coma sempre, esquilmando a nosa riqueza

Non sabemos aproveitar a nosa riqueza e, unha vez máis, damos mostra da pouca cabeza que temos. A veda da centola ábrese o vindeiro día 24. Moitos mariñeiros agardan con impaciencia a campaña do Nadal, porque non están os tempos como para deixar pasar un dos mellores momentos para a venda de marisco. E resulta que unha panda de listiños van ao mar e coller cerca dunha tonelada de marisco antes de tempo. (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 21:56  

mércores, novembro 19, 2008

PXOM, a historia continua

Comezamos hoxe agradecendo a Diego a contribución co seu enlace na anotación de onte e ao Concello porque por fin teñen atendido as infinitas peticións de que publiciten as datas dos Plenos, xesto que debemos recoñecer e que honra ao señor Alcalde e o seu grupo de goberno. Todo é comezar por estes pequenos pasos e acabar por ter unha xestión política con toda a transparencia que se merece. (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 20:37  

martes, novembro 18, 2008

O que nos vén enriba

Si é verdade o que apuntaba onte Xan nos comentarios, a intención do Concello é levar a aprobación inicial o PXOM baionés. Haberá quen entenda que é unha temeridade, sobre todo si temos en conta que o informe de Política Territorial se perdeu no limbo dos xustos, sendo éste un factor determinante nas futuras consecuencias. (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 20:20  

luns, novembro 17, 2008

¿O PXOM baixo sospeita?

Cando os medios non fan máis que falar da crise e das medidas para combatila, en Baiona andamos con retraso e falamos da vella historia da corrupción urbanística. Unha pena porque pensabamos nós, pobres inocentiños, que Baiona se libraría do cancro do mal facer en materia de redacción urbanística. En todo caso, o publicado na Voz de Galicia non é máis que unha apreciación de que a fiscalía púxose mans á obra para, nunca mellor dito, fiscalizar as actuacións ao redor do PXOM baionés. (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 19:52  

domingo, novembro 16, 2008

¿Vivamos coma tontos? Iso sí que non

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 11:08  

venres, novembro 14, 2008

Affaire Punto Playa

Finalmente o Señor Manuel Vilar saíuse coa súa e logo de realizar múltiples averiguacións e indagacións puido por fin atopar as probas acusatorias do vicioso uso que andaba a facer o Punto Pasión Playa da concesión municipal que se lle otorgara. Os malpensados terán que calar a boca. (máis...)

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 18:58  
« Previous PageNext Page »

Xestionado con WordPress