Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Principios de Baiona Consciente

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona

Mércores, Xuño 13, 2007

Principios de Baiona Consciente

Baiona Consciente só pretende crear consciencia de que Baiona debe desenrolarse por sí mesma e que non debe deixarse en mans duns poucos.

Os partidos políticos, tradicionalmente, o fan, O VIB de Chicho, a CMÑ de Manolo. PP, PSOE e BNG parece que seguen a mesma senda, uns por escasez organizativa, outros por intereses persoais dos que controlan o partido. Debemos normalizar o funcionamento do Concello e dos partidos políticos. Colle consciencia de Baiona e teremos acado o noso obxectivo.

Os principios polos que se rexe Baiona Consciente son:

1º.- Os fundadores e colaboradores de Baiona Consciente sempre se manterán no anonimato, asegurando a súa obxectividade e libre opinión, sen ataduras persoais nen partidistas. Xa que logo, os correos electrónicos dos colaboradores sempre serán cún pseudónimo.
2º.- As fontes de consulta de Baiona Consciente soamente serán dúas:

- Internet.

- A información recibida persoalmente na rúa ou nos colectivos onde participan os colaboradores de Baiona Consciente.

3º.- En Baiona Consciente non se tolera o insulto nen a mentira, polo que as anotacións que se consideran falsas ou conteñan insultos a persoas ou colectivos levarán implícita unha rectificación e edición das mesmas. Os comentarios ofensivos ou con falsedades borraranse á maior brevidade posible. A ironía e o sarcasmo se exclúen dentro deste suposto e son ben recibidos.

4º.- Baiona Consciente considérase independente e sen máis ideoloxía que os intereses colectivos do pobo de Baiona. Este principio non entra en conflicto coa ideoloxía persoal de cada colaborador.

5º.- Nas anotacións de Baiona Consciente pódese facer mención a feitos ou sucesos que non ocurreran no noso Concello, sempre e cando nos afecten directamente ou servan como exemplo para un problema concreto que suceda en Baiona.

6º.- As referencias políticas que se aborden sobre cada tema concreto contemplarán, a ser posible, un xuizo de cada opción política con representación no Concello. De non ter un coñecemento concreto sobre a postura dun partido político, farase constar este feito.

7º.- Baiona Consciente recoñece internet coma unha ferramenta indispensable que debe potenciarse, xa que logo, somentes recibirá comunicacións e terá como único canle de traballo e participación esta vía.

8º.- Todas as anotacións realizadas polos fundadores e colaboradores de Baiona Consciente estarán redactadas en galego. As rectificacións, notificacións, colaboracións e demais material que reciba Baiona Consciente e sexa susceptible de publicarse en Baiona Consciente e non estean en galego, traduciranse e publicaranse.

Como aclaración final, na sección de ligazóns, pretendimos incluir as dos partidos políticos con representación no Concello, lamentablemente o PP non dispuña del, ou non soubemos atopar a ligazón. Se nalgún momento averiguasemos a mesma, inmediatamente a enlazariamos.

Grazas por acudir a nós, axúdanos no noso obxectivo. Baiona Consciente naceu o 13/06/2007.

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 13:48  

1 Comentario »

  1. S.O.S A Groba en Perigo. Só quedan dous días para presentar alegacións ao Parque eólico Albariño I por toda a serra da Groba.
    Espallade a noticia e facede alegacións se non queredes perder o maior e mais extenso (con permiso do mar)patrimonio que temos no Val Miñor: a paisaxe e os nosos costumes ancestrais, os nosos animais salvaxes e a peculiar e senlleira xeoloxía da nosa terra non podemos permitir que nola estraguen con unha urbanización salvaxe do monte.S.O.S a Groaba en Perigo. S.O.S

    Comentario por sos a groba — 28 Agosto 2007 @ 22:40

Fonte RSS para os comentarios desta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image

Xestionado con WordPress